Inicio > Mis eListas > lucusaugusti > Mensajes

 Índice de Mensajes 
 Mensajes 601 al 621 
AsuntoAutor
=?utf-8?B?dGVsbCB3 juanpi
=?utf-8?B?4pigUmU6 juanpi
=?utf-8?B?4pivcXVp Carlos S
=?utf-8?B?4piARnc6 juanpi
=?utf-8?B?ZmFudGFz a.tejeda
=?utf-8?B?UmU6IGRv juanpi
=?utf-8?B?4piCc3R1 Carlos S
=?utf-8?B?UmU6IGlu CLUB PAD
=?utf-8?B?UmU6IGxv juanpi
=?utf-8?B?4p2jUmU6 Carlos S
=?utf-8?B?4piiZ29v Carlos S
=?utf-8?B?UmU6IHRo Marta Ev
=?utf-8?B?cGFnZSBs Carlos S
=?utf-8?B?4pivUmU6 juanpi
=?utf-8?B?dGFrZSBh Nathanie
=?utf-8?B?4pyJRnc6 Carroll
=?utf-8?B?4p2kbmV3 Carlos S
=?utf-8?B?4piAY3Jh Jodi Mcm
=?utf-8?B?4piCd2hh Lillian
=?utf-8?B?4piAd2hh Marta Ev
 << 20 ant. | -- ---- >>
 
Lucus Augusti
Página principal    Mensajes | Enviar Mensaje | Ficheros | Datos | Encuestas | Eventos | Mis Preferencias

Mostrando mensaje 561     < Anterior | Siguiente >
Responder a este mensaje
Asunto:[LucusAugusti] O deus Xano volve a estar presente en Mos
Fecha:Martes, 1 de Febrero, 2011  19:50:18 (+0100)
Autor:Carlos Sánchez-Montaña <csmarq @......com>

O deus Xano volve a estar presente en Mos
31/01/2011

http://www.concellomos.es/ver_noticia.php?idnoticia=559

O escultor Marcos Escudero doa unha réplica do orixinal que se atopa no
Museo de Pontevedra, e que fora descuberto nos 70 na parroquia de Dornelas

Hoxe inaugurouse a estatua do Deus Xano instalada no colexio Pena de
Francia, consistente nunha réplica do deus tallada en pedra polo escultor
mosense Marcos Escudero. Ademais do artista estiveron presentes no acto a
alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Educación,
Julia Loureiro, a tamén edil Ana Rodríguez Cabaleiro, o director do centro
educativo así como os alumnos e profesores do mesmo. A inauguración
celebrouse ás 11.30 horas da mañá.

A imaxe do deus Xano doada por Marcos Escudero ó colexio Pena de Francia é
unha fiel réplica da orixinal, que foi atopada na década dos anos 70,
cando se realizaban traballos de mellora dun tramo de camiño (Camiño Real)
no lugar de A Brea, na parroquia de Dornelas (Mos). Esta imaxe apareceu
xunto a outra representación de Vesta e ámbalas dúas foron gardadas por un
veciño do lugar.

En 1996, Francisco Javier Baquero, estudioso da historia de Mos, descubriu
casualmente estas esculturas cando procuraba información para o seu libro
‘Datos históricos del ayer y hoy de Mos’. As pezas foron estudadas polo
arqueólogo Antonio de la Peña Santos e actualmente están no Museo de
Pontevedra.

Esta imaxe é unha das poucas atopadas en Galicia que se pode encadrar
dentro da Plástica Castrexa de época romana. Presenta as mesmas
características que outras que supostamente son da mesma época: tosquedade
nas formas, rostro plano, orellas en “C”, rotura da cabeza polo pescozo,
etc. e apareceu moi preto do lugar coñecido coma Os Castros.

Xano foi unha divinidade romana que fundou a cidade de Xanícula, onde logo
se levantaron os primeiros muros de Roma. Alí acolleu a Saturno, cando
este foi expulsado do Olimpo. Este, agradecido,conferiulle a facultade de
ver con claridade (e ao mesmo tempo) o pasado e o futuro, para rexirse con
sabiduría nas circunstancias de cada momento. Este é o motivo polo cal as
súas imaxes teñen duas caras.

Era o Deus da Paz, en contraposición a Marte (deus da guerra). Isto débese
a que foi un rei pacífico. Numa erixiu un templo na súa honra que
permanecía aberto en tempos de guerra e pechado en tempos de paz.

Os romanos colocaban a súa imaxe na entrada das casas, xa que era o
protector das portas e dos comenzos, que observa ó mesmo tempo a Oriente e
a Occidente. Invocábano pola mañá antes dos traballos cotiáns e tamén
cando se empezaba unha viaxe, un negocio, o matrimonio, etc.

As imaxes de Xano teñen dous rostros, un vello con barba que representa o
pasado (o término, a fín, a morte, atrás) e un home novo que representa o
futuro (o comenzo, o principio, a vida, adiante,...). Aparece cunha chave
na man indicando que é o garda das portas e unha vara na outra, coa que
preside os camiños.

Os romanos celebraban a festa do deus Xano o bifronte (dúas caras) nos
primeiros días do ano, xa que era o protector das portas e os comenzos. O
primeiro mes do ano foi dende entón o mes de jano-janus-januariis que
derivou en xano-xaneiro. Pero hai outras celebracións que aínda persisten
como a festividade do nove, a festa dos arquitectos ou o roscón de Reis do
día seis.

Nestes días os romanos facían unhas tortas en forma de roda con figos,
dátiles e mel que ofrecían o deus Xano. O roscón representa a roda do
tempo, no medio da cal estaba o deus Xano como eixe que o goberna.

Neste primeiro día do ano os romanos adoitaban invitar ós amigos e
agasallábanse ramos de loureiro ou oliveira que procedían da fraga sagrada
de Strenia (deusa da saúde) como augurio de fortuna e felicidade. Estes
obsequios de ano novo recibiron o nome de strenae, que persiste na nosa
lingua no verbo estrear.

Obxectivos

O obxectivo da instalación dunha réplica do deus Xano no CEIP Pena de
Francia é rescatar e divulgar o sentido desta representación pétrea, dunha
divinidade romana atopada en Dornelas (Mos). Fálase de “rescatar” debido ó
descoñecemento desta imaxe entre os mosenses.



Outro dos obxectivos é converter a Xano nunha imaxe que identifique ó
Concello de Mos, e que ó mesmo tempo os mosenses se identifiquen con el.





Crea tu propia Red de Noticias
O participa en las muchas ya creadas. ¡Es lo último, es útil y divertido! ¿A qué esperas?
es.corank.com

Lucus Augusti .Net no se hace responsable del contenido de los mensajes, la responsabilidad es del autor del mismo.
Es norma obligada el respeto y las buenas formas que se deben seguir en la elaboración de los mismos.
Legal: Queda prohibida la reproducción total o parcial de los mensajes sin la autorización del autor.