eListas Logo
   El sistema de Listas de correo, Boletines y Newsletters más completo de la Red Inicio | Servicios | Publicidad | Compañía 
Inicio > Mis eListas > galizacig > Mensajes


 Índice de Mensajes 
 Mensajes 561 al 561 
AsuntoAutor
Novidades GalizaCI fp
 << 20 ant. | -- ---- >>
 
GalizaCIG
Página principal    Mensajes | Enviar Mensaje | Ficheros | Datos | Encuestas | Eventos | Mis Preferencias

Mostrando mensaje 565     < Anterior | Siguiente >
Responder a este mensaje
Asunto:[galizacig] Novidades GalizaCIG 12/03/2008
Fecha:Miercoles, 12 de Marzo, 2008  04:41:50 (+0100)
Autor:fp <fper @.......es>

GalizaCIG / Novidades
Estimada/o compañeira/o

A data 12 de marzo de 2008 temos engadido nas páxinas de
GalizaCIG,
a web da CIG (Confederación Intersindical Galega),
as informacións referenciadas á fin desta mensaxe.

Infórmate da actualidade sindical de Galiza todos os días
en http://www.galizacig.com

Webs espello en: http://www.galizacig.org e http://www.galizacig.net

Atentamente,
Fernando Pol (administrador de GalizaCIG).
CIG-Informática.
 
 
·Novidades

GalizaCIG·


12/03/2008

O 31 de marzo manifestaranse diante do Concello de A Coruña
Os traballadores de Albada irán a folga o 12 de abril
Os traballadores da planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de A Coruña que xestiona a empresa Albada irán á folga o 12 de abril como medida de protesta para que a dirección sente a negociar o Convenio Colectivo

Galiza no mundo, educación e sociedade
I Xornadas de Socioloxía da Educación
CIG-Ensino e a AS-PG desenvolverán, entre os días 26 de marzo e 17 de abril , as primeiras Xornadas de Socioloxía da Educación, baixo o título “Galiza no mundo, educación e sociedade” en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol. A inscrición pódese facer na páxina de CIG-Ensino
 
11/03/2008

Actos da CIG en Ferrol
Mil persoas secundan a manifestación nacional do 10 de Marzo
Por volta de mil persoas participaron en Ferrol na manifestación nacional que organizou a CIG no Día da Clase Obreira Galega. A denuncia da carestía da vida, a reclamación do Marco Galego de Relacións Laborais e a defensa da soberanía do país foron os eixes sobre os que xirou a marcha do 10 de Marzo

Contra a represión
Máis de 600 persoas maniféstanse en Vigo no Día da Clase Obreira Galega
O 10 de Marzo comezou en Vigo cunha numerosa asemblea de delegados e delegadas que daría paso a unha mobilización que rematou na Praza da Estrela, fronte á Delegación da Xunta de Galiza en Vigo

Pola invasión militar israelí na franxa de Gaza
A CIG enviou ás centrais sindicais palestinas unha mensaxe de solidariedade e apoio
A franxa de Gaza foi o escenario dunha nova agresión militar de Israel. Co argumento de poñer punto final ao lanzamento dos foguetes artesanais coñecidos como Kassam, o exército penetrou en territorio palestino producindo máis de 100 vítimas mortais e superando en 300 o número de feridos

Brasil: A valorização do salário mínimo
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)

Entrevista a Ricardo Antunes
“Cada vez máis homes e mulleres viven a precariedade do desemprego estrutural”
Redacción da Revista PAMPA

Entrevista a Luiz Gonzaga Belluzzo
“Não temos uma definição exata nem da profundidade nem da extensão da crise”
Redacción de IHU On-Line

Alemanha: A esquerda e os pseudo argumentos económicos
Artigo de Michael R. Krätke (ODiario.info)
 
08/03/2008

Mantiveron unha folga de 60 días no Concello de Compostela até acadar a dignificación das súas condicións laborais
A CIG outorga o Premio do Día da Muller Traballadora ás traballadoras de ISS Facility Services
A Secretaría da Muller da CIG vén de conceder o premio do Día da Muller Traballadora, na súa II Edición, ás traballadoras de ISS Facility Services -empresa concesionaria do servizo de limpeza do Concello de Santiago de Compostela-, que protagonizaron unha folga de tres meses de duración

Henrique Pérez, secretario da sección sindical: “Fomenta as desigualdades salariais e é insolidario”
A CIG rexeita asinar o novo convenio en Citroën
O pasado 4 de marzo os sindicatos con representación no Comité de Empresa da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo, a excepción da CIG, asinaron un preacordo para un novo convenio. Na entrevista con Henrique Pérez, secretario da sección sindical da CIG en Citroën, explica as razóns e motivos que lles levou a non apoiar este acordo

CIG-Banca denuncia discriminación na carreira profesional e nos salarios
Estudo da situación da muller nas Caixas de Aforros galegas
Ante a conmemoración do Día da Muller Traballadora, a Federación de Banca e Aforro da CIG elaborou un estudo sobre a situación das mulleres nas Caixas de Aforros galegas do que se desprende unha clara discriminación no que respecta á carreira profesional e polo tanto nos salarios

O luns 10 de marzo presentarase unha denuncia no xulgado do Social
A Fundación Valdegodos incumpre a lei no referido ao dereito a descanso mínimo das/os traballadoras/es
A CIG de Valdeorras vén de denunciar que na Fundación Valdegodos séguense a vulnerar os dereitos máis fundamentais das traballadoras e traballadores. Adriano Brito sinala o incumprimento da lei no referido ao descanso mínimo entre xornadas, que o Estatuto dos Traballadores marca en 12 horas

Os empresarios de sector acordaron constituírense en asociación patronal
Suspéndese a segunda xornada de folga nas instalacións deportivas coruñesas
O persoal das instalacións deportivas da provincia de A Coruña decidiu en asemblea suspender a xornada de folga do 8 de marzo. Nunha mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, os empresarios do sector aceptaron constituírense como asociación patronal, requisito indispensábel para poder negociar o convenio colectivo coa parte social

A central nacionalista obtén a maioría absoluta nesta auxiliar de Alcoa
A CIG gaña as eleccións sindicais en CYRGASA
A CIG conseguiu maioría absoluta en CYRGASA, empresa auxiliar da fábrica de Alcoa de San Cibrao, nas eleccións sindicais celebradas o 6 de marzo. Estaban convocados para este proceso os 72 traballadores do cadro de persoal, dos cales exerceron o seu dereito de voto 63, o que representa unha participación do 90%
 
07/03/2008

Como recoñecemento na loita por dignificar as condicións socio-laborais e salariais das mulleres
A Secretaría da Muller da CIG entrega o II Premio do Día da Muller Traballadora
A Secretaría da Muller da CIG celebra hoxe, 7 de marzo, a II Edición do Premio do Día da Muller Traballadora, concibido como un recoñecemento a aquel conflito protagonizado por mulleres na loita por dignificar as súas condicións socio-laborais e salariais

Contra a represión
A CIG de Vigo convoca unha asemblea de delegados e manifestación o 10 de Marzo
O 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, a CIG de Vigo convoca unha asemblea de delegados e delegadas desde ás 10 da maña no Cine Salesianos. Despois sairase en manifestación desde a rúa Venezuela até a Delegación da Xunta en Vigo. Os actos do 10 de Marzo retoman a campaña contra a carestía da vida e por uns salarios dignos

Protesta contra a represión laboral
Concentración no centro de chamadas da multinacional Bosch en Vigo
Máis dun cento de delegados e delegadas concentráronse o día 6 de marzo dende as 11:00 da mañá no centro de traballo da multinacional alemá Bosch na rúa María Berdiales en Vigo, para denunciar a vaga represiva e os incumprimentos do Convenio por parte da empresa

Con asemblea de delegados/as
Concentración polo 8 e 10 de Marzo en Pontevedra
Desde as dez da mañá un numeroso grupo de delegados e delegadas da CIG reuníanse no local sindical da CIG en Pontevedra para celebrar unha asemblea con motivo das datas do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, e o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega

Sector da Construción do sur de Pontevedra
Comeza unha folga polo cumprimento do convenio na empresa Extraco
Os quince traballadores de Extraco iniciaron o 5 de marzo unha folga que se prolongará, nunha primeira etapa, até o día 14 se a empresa non se avén a atender as reivindicacións presentadas. O seguimento da folga está a ser total

As traballadoras/es deste servizo de atención telefónica reclaman a inclusión nas plicas de melloras laborais
A plantilla do número 112 denuncia o incumprimento dos compromisos da Consellaría de Presidencia
A directora xeral de Protección Civil, dependente de Presidencia, comprometeuse coa representación sindical do 112 a dar a coñecer os contidos das novas plicas de adxudicación da concesión e a incluír as melloras laborais reclamadas polas traballadoras/es deste servizo, antes do 10 de febreiro

Cinco anos sen Egunkaria
Artigo de Xurxo Martínez Crespo (Galiza)

Entrevista a Ignacio Ramonet
“As autoridades cubanas non contemplan unha evolución do tipo da ‘glasnost’ ou a ‘perestroika’ de Gorbachov”
Artigo de José Zepeda (El Grano de Arena)
 
06/03/2008

A Unión Comarcal considera un insulto á clase traballadora galega a visita que o monarca español realizará á cidade este día
A manifestación de Ferrol será o acto central da CIG o 10 de Marzo
A tradicional manifestación de Ferrol será de novo o acto central da CIG o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. A marcha partirá ás 19:30 horas do local do sindicato e rematará no Cantón. A Unión Comarcal manifesta o seu total rexeitamento á visita que o monarca español fará a Ferrol neste día tan sinalado para os traballadores do país

Ao concluír a camiñada entrevistáronse co delegado provincial de Traballo
50 operarios marchan a pé desde Guitiriz a Lugo para esixir a readmisión dos despedidos en Ingemarga
Medio centenar de traballadores percorreu a pé os 40 quilómetros que separan Guitiriz de Lugo para esixir a readmisión dos 30 despedidos da empresa Ingemarga. A camiñada solidaria arrincou ás 7:00 do 5 de marzo e concluíu seis horas máis tarde diante do Edificio Administrativo da Xunta da capital luguesa

Celebrou unha concentración diante da Consellaría de Educación
A CIG presenta un recurso de reposición pola súa exclusión dos Consellos Sociais das Universidades
Delegados e delegadas de CIG-Ensino concentráronse na mañá de onte –mércores 5 de marzo–, diante da Consellaría de Educación, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres Universidades galegas. Presentouse, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique esta decisión

Os traballadores conseguiron que non abrisen piscinas, pavillóns, campos de golf ou de fútbol
A primeira xornada da folga nas instalacións deportivas é secundada polo 95% dos empregados
A primeira xornada de folga do persoal das instalacións deportivas da provincia de A Coruña, que se desenvolveu o 5 de marzo, foi todo un éxito. As tres centrais convocantes (CIG, UGT e CCOO) cifran o índice de seguimento do paro no 95%

Novo despedimento no centro de chamadas de Ourense
Concentración ante o SMAC en apoio ao secretario da Sección Sindical da CIG en Office Depot
Medio cento de delegados e delegadas convocados pola Federación de Banca da CIG en Ourense concentráronse o 5 de marzo no SMAC ante a celebración do acto de conciliación previo polo despedimento do secretario da Sección Sindical da CIG en Office Depot

Despois dun longo periplo, todo o material chegará nesta semana aos campamentos saharauis
O proxecto PICERSA entra na fase final
Entre o 6 e o 8 deste mes de marzo está prevista a chegada aos campamentos de refuxiados saharauis de Tindouf no deserto alxeriano da Hamada, a caravana de camións e autobuses que traslada axuda humanitaria enviada desde toda a península ibérica

A mostra poderá visitarse no Fórum Metropolitano de A Coruña até o 10 de marzo
A CIG inaugura a exposición “Mulleres no sindicalismo nacionalista da Galiza”
A Secretaría Confederal da Muller da CIG organiza a exposición “Mulleres no sindicalismo nacionalista da Galiza”, que se inaugurou o mércores 5 de marzo no Fórum Metropolitano de A Coruña. A mostra poderá visitarse até o día 10 do mesmo mes

Elisa Lois, periodista fantasma
Artigo de Xurxo Martínez Crespo (Galiza)

“Fascista sem máscara” na Internet
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)

Por que Uribe assassinou Raúl Reyes?
Artigo de Laerte Braga (Agência Carta Maior)
 
05/03/2008

Xosefa Baamonde, histórica da CIG-Ensino, foi homenaxeada polo seu compromiso inquebrantábel coa educación en galego
A CIG outorga o Premio do Día da Clase Obreira Galega aos traballadores da Construción
Os traballadores da Construción da provincia de Pontevedra, protagonistas da principal mobilización desenvolvida en 2007, foron os galardoados na segunda edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, que celebrou a CIG o 4 de marzo nunha gala en Compostela á que asistiron 200 persoas, entre sindicalistas da central e representantes de organizacións políticas, culturais e sociais do país

Formación e debate
Eleccións sindicais e Negociación colectiva analízanse nun encontro nacional en Compostela
Máis de 150 persoas participaron desde primeira hora da mañá na asemblea e encontro para abordar e analizar as eleccións sindicais e as propostas en negociación colectiva, incluíndo a perspectiva de xénero

Concentración, ás 11:30 diante da Consellaría de Educación
A CIG presenta un recurso de reposición pola exclusión da central dos Consellos Sociais das Universidades
A CIG convoca para esta mañá –mércores 5 de marzo–, ás 11:30 horas, unha concentración diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres universidades galegas. No decurso da mesma presentarase, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique este “atropelo ilegal”

Sempre que conten co apoio maioritario das traballadoras e traballadores
A CIG de Valdeorras adoptará medidas de presión na Fundación Valdegodos para que se cumpra o Convenio
A CIG de Valdeorras vén de anunciar que, de non acceder a Dirección da Fundación Valdegodos a dialogar para que se cumpra o estipulado no Convenio, “sempre que contemos co apoio maioritario dos traballadores e traballadoras, adoptaremos as medidas de presión que estimemos oportunas”

Falta de medidas de Prevención
O valedor do Pobo abre de oficio unha investigación sobre o amianto en Ourense
Nin o Concello nin as Delegacións de Sanidade e Traballo se puxeron en contacto coa Central, malia que a CIG sempre se puxo á súa disposición a raíz da denuncia feita da falla de medidas de seguridade e prevención na utilización de amianto en Ourense

Colombia: Toda a verdade sobre a morte de Raúl Reyes
Artigo de Decio Machado (Rebelión)
   

Infórmate da actualidade sindical todos os días en GalizaCIG

   


eListas.net:  Página principalÍndice de listasCrear listaListas Destacadas
Tu Cuenta:  Mis eListasMi Información y PreferenciasApuntateAyuda
Servicios:  ServiciosProductosSoluciones ComercialesPublicidad
General:  AyudaNovedadesPrivacidad de datosNo spamEscríbenos

eListas

eListas.net es un servicio de Blabia Inc.
Copyright © 1999-2008 Blabia Inc., Todos los derechos reservados
Términos del Servicio | Privacidad de datos