|
|
|
|
Mostrando mensaje 564
|
|
< Anterior | Siguiente >
|
|
|
| Asunto: | [galizacig] Novidades GalizaCIG 04/03/2008 | | Fecha: | Martes, 4 de Marzo, 2008 09:15:49 (+0100) | | Autor: | fp <fper @.......es>
|
GalizaCIG / Novidades
Estimada/o compañeira/o
A data 4 de marzo de 2008 temos engadido nas páxinas
de
GalizaCIG, a web da CIG (Confederación Intersindical
Galega),
as informacións referenciadas á fin desta mensaxe.
Infórmate da actualidade sindical de Galiza todos os días
en http://www.galizacig.com
Webs espello en: http://www.galizacig.org e http://www.galizacig.net
Atentamente,
Fernando Pol (administrador
de GalizaCIG).
CIG-Informática.
| ·Novidades |
GalizaCIG·
|
|
| 04/03/2008 |
|
Trátase de
recoñecer a loita sindical que sobresaíra no ano anterior
A CIG celebra a II Edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega
A CIG celebra, este martes
día 4 de marzo, a II Edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega
cun xantar de confraternización, a actuación de Mini e Mero e a
intervención do secretario xeral, Suso Seixo. Ao acto están convidados
representantes sindicais e de diversas asociacións, entidades e
persoeiros da vida cultural, política e económica de Galiza |
|
|
Serrabal
segue de cerca a campaña electoral
De mitin con Touriño
Touriño prometiches e logo
non cumpriches foi unha das consigas máis coreadas polo comité de
recepción que agardaba ao presidente da Xunta á súa chegada ao mitin do
domingo 2 de marzo en Compostela. Eran os traballadores de Serrabal e
Ferroatlántica que desenvolven unha campaña paralela á electoral en
demanda do cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade ao seu paso
pola mina |
|
|
A empresa
sanciona ás/aos traballadoras/es simplemente por ser demasiado amábeis
Concentracións simultáneas nos Supermercados Lidl en Santiago, Ribeira,
A Coruña, Ferrol e Betanzos
O Comité de Empresa de
Supermercados Lidl SA convocou, na mañá do luns 3 de marzo,
concentracións simultáneas diante dos centros de venda da Rocha en
Santiago, de Elviña en A Coruña, de Ferrol, de Ribeira e de Betanzos
para demandar melloras nas condicións de traballo |
|
|
Os
traballadores ratifican por inmensa maioría os paros dos
días 5 e 8 de marzo
O persoal de Deportes da provincia coruñesa mobilízase de
cara á folga
O persoal das instalacións
deportivas da provincia de A Coruña comezou as mobilizacións como
preámbulo ás dúas xornadas de folga previstas para os días 5 e 8 de
marzo. Os traballadores esixen que se constitúa unha asociación
patronal para poder negociar legalmente un convenio colectivo no
sector, pois padecen unha perda constante de poder adquisitivo |
|
|
O cadro de
persoal parará todos os mércores en sinal de protesta
300 persoas esixen en Guitiriz a readmisión dos 30 despedidos en
Ingemarga
Por volta de 300 persoas
saíron ás rúas de Guitiriz o pasado 1 de marzo para expresar o seu
apoio e esixir a readmisión dos 30 despedidos da empresa Ingemarga. Ao
mesmo tempo que se desenvolvía a marcha, os comercios da vila pecharon
en solidariedade cos empregados represaliados |
|
|
Malia ser a
maioría de docentes mulleres, segue a haber máis cargos directivos homes
A CIG demanda da Consellaría de Educación a elaboración dun Plan de
Igualdade no Ensino
Anxo Louzao e Dores
Fernández, secretarios nacional e da Muller de CIG-Ensino, presentaron
un estudo que evidencia a baixa presenza das mulleres na dirección dos
centros educativos malia ser maioría no profesorado. Por iso,
CIG-Ensino demanda da Consellaría de Educación que se elabore un Plan
de Igualdade para o Ensino |
|
|
O momento dun boicoteo
mundial a Israel
Artigo de Omar Barghouti
(Rebelión) |
|
|
Ruptura diplomática con
Colombia tras a agresión a Ecuador
Artigo de Heinz Dieterich
(Rebelión) |
|
|
O mandato de sangue de Uribe
Artigo de Emir Sader
(Agência Carta Maior) |
| |
| 01/03/2008 |
|
8 de marzo,
Día da Muller Traballadora
Loitando contra a dobre presenza: dobre loita, dobre resposta
A Secretaría da Muller da
CIG vén de presentar a súa campaña para este 8 de marzo, Día da Muller
Traballadora, baixo o lema Loitando contra a dobre presenza: Dobre
loita, dobre resposta. Unha campaña que, alén de denunciar as
condicións laborais ás que se enfronta a muller galega, alerta das
graves repercusión que, para a súa saúde ten a dificultade de conciliar
a vida laboral e familiar |
|
|
VI Xornadas
da Muller
Unha reflexión sobre a prevención da violencia sexista desde a educación
No marco das VI Xornadas da
Muller, organizadas pola AS-PG e a CIG-Ensino (coa colaboración da
Deputación de A Coruña e da Obra Social de Caixa Galicia) máis de media
ducia de investigadoras/es achegan experiencias sobre a prevención da
violencia sexista nas aulas |
|
|
Exixiron un
servizo público, galego e de calidade
Manifestación de Correos en demanda de melloras na situación
sociolaboral dos traballadores/as da entidade
Os traballadores e
traballadoras de Correos, convocados por CIG-Correos, percorreron, o
pasado xoves día 28 de febreiro, as rúas compostelás en demanda dunhas
condicións laborais e salariais dignas. Ademais, exixiron que o servizo
de Correos sexa público, galego e de calidade |
|
|
A central
nacionalista acadou 3 dos 5 representantes
A CIG consegue maioría absoluta na Cooperativa Os Irmandiños de Ribadeo
A CIG acadou maioría
absoluta en Os Irmandiños, cooperativa de servizos e produtos
agropecuarios de Ribadeo, ao obter tres delegados mentres que UGT e
CCOO conseguiron un cada unha. A participación nas votacións foi do 69% |
|
|
Está
dirixido a traballadores/as en activo da empresa privada
Curso de formación continua de Informática de usuario en O Barco de
Valdeorras
O local da CIG de O Barco de
Valdeorras acolle un curso de formación continua de Informática a nivel
usuario/a que será impartido por FORGA. Está dirixido a traballadores e
traballadoras en activo e vai do 7 de abril até o 14 dese mesmo mes,
cunha duración total de 55 horas |
|
|
Reflexos de uma crise
Artigo de Eduardo Bomfim
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
Classes e parentescos nos
campos da morte do Quênia
Artigo de Oduor Ong'wen
(Correio da Cidadania) |
| |
| 29/02/2008 |
|
Agardaban a
súa entrada no Hotel de San Francisco, onde se celebrou o debate da TVG
Traballadores de Serrabal demandan dos representantes de PP, PSOE e BNG
solucións
Os traballadores de
Serrabal, acompañados por representantes sindicais aproveitaban a
celebración do debate electoral da TVG para facerlles chegar aos
representantes das tres principias organizacións políticas de Galiza,
PP, PSOE e BNG, as súas demandas de cambio de trazado do Tren de Alta
Velocidade ao seu paso pola mina |
|
|
O sábado 1
de marzo hai convocada unha manifestación na vila chairega
30 traballadores son despedidos en Guitiriz nunha empresa do sector da
pedra
Ingemarga, empresa dedicada
ao corte e serrado de pedra e mármore na localidade chairega de Parga
(Guitiriz), despediu nos días pasados 30 dos seus traballadores, dous
deles membros do Comité de Empresa, ao negárense a traballar na sección
de serra durante as fins de semana |
|
|
O estudo
constata que saen do país 42.000 persoas máis das que entran a traballar
En 2005, máis de 70.600 traballadores/as domiciliados en Galiza
traballaban noutra comunidade
Os traballadores/as
domiciliados en Galiza que asinaron un contrato noutra comunidade
autónoma en 2005 (últimos datos proporcionados polo INEM) fixérono
maioritariamente en Madrid (26%), seguida de Canarias (17,4%) e
Catalunya (16%) |
|
|
Demanda de
Educación a creación dunha Dirección ou Subdirección Xeral específica
A CIG reclama medidas urxentes para que se cumpra o Decreto de
Normalización Lingüística no Ensino
A CIG-Ensino constata que
sete meses despois da entrada en vigor do Decreto 124/2007 que regula o
uso e promoción do galego no sistema educativo, a Consellaría de
Educación non ten dado mostras de implicación na súa implantación |
|
|
Críticas a
Traballo
A CIG de Ourense denuncia o espectacular incremento da sinistralidade
en xaneiro
Un total de 406 accidentes
con baixa en xornada de traballo rexistráronse en Ourense no primeiro
mes do ano, 130 máis que no mesmo período do ano anterior (276) o que
representa un incremento do 47% |
|
|
Terrorismo de xénero
Artigo de Mª Carme López
Santamariña (Galiza) |
|
|
DESDE O
VENTRE DA BALEA
Eleccións a Cortes Xerais: 1+1=3
Artigo de Rafa Villar
(Galiza) |
|
|
Medio século de liberdade
Artigo de Manuel Mera
(Galiza) |
| |
| 28/02/2008 |
|
Exixen que
se cumpra a lexislación laboral e se faga indefinido a este persoal
Veterinarios/as de Tragsega entregan a Elena Espinosa 3.500 sinaturas
en apoio ás súas demandas
Traballadores/as de Tragsega
concentráronse en Ourense aproveitando a celebración da
Conferencia-almorzo organizada polo Foro Nueva Economía, na que
participaban a ministra de Agricultura, Elena Espinosa, e o presidente
da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para transmitirlles a situación laboral
de indefensión legal na que se atopan e demandar solucións |
|
|
Análise de
datos
A CIG de Ourense denuncia os numerosos despedimentos e a precariedade
na contratación
A provincia de Ourense
rexistrou durante 2007 unha media de dous despedimentos por cada día
hábil do ano, segundo os datos oficiais que fixo públicos a CIG de
Ourense nunha rolda de empresa, na que denunciou a alta taxa de
precariedade e temporalidade existente na comarca |
|
|
Denuncia de
CIG-Ensino
Jóvenes empresarios premia a unha empresa que recorta os dereitos
laborais do seu persoal
A CIG-Ensino da comarca de
Vigo fixo público a través dun comunicado de prensa o seu rexeitamento
á concesión do IV Premio Joven Empresario ao grupo de empresas FEMXA,
pola súa vulneración constante dos dereitos dos traballadores do seu
propio persoal |
|
|
Programa de
apoio a pais no rural
Preocupación pola posíbel retirada do apoio de Educación á Preescolar
na Casa
As e os traballadores de
Preescolar na Casa, representados polo seu Comité de Empresa a nivel
galego, amosan a súa preocupación pola posíbel retirada do apoio a este
programa por parte da Consellaría de Educación |
|
|
A Mesa
denunciara a un xefe de sección por dicirlle Burra, no hables lenguas
menores
Carrefour recoñece a discriminación a unha empregada por falar en
galego e di que tomou medidas
O director do hipermercado
de Carrefour de A Coruña, no que se produciu recentemente o grave caso
de discriminación lingüística a unha traballadora, pediu desculpas,
segundo informa a Mesa pola Normalización Lingüística, explicando que
se reprendeu ao xefe de sección que protagonizou o suceso |
|
|
Brasil: Apoio às Convenções
151 e 158 da OIT
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
Mundo: Tropeços do cavalo
Artigo de Frei Betto (ADITAL) |
| |
| 27/02/2008 |
|
Touriño
prefire ir aos actos electorais que cumprir os compromisos adquiridos
con eles
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica manteñen a acampada malia
o silencio do presidente da Xunta
O frío e a chuvia destes
últimos días de febreiro acompaña aos traballadores de Serrabal e
Ferroatlántica que, malia as inclemencias meteorolóxicas, continúan a
facer quendas para manter a acampada diante do edificio da Xunta de
Galiza en San Caetano, tal e como dixeron que farían, até cando menos o
final da campaña |
|
|
A CIG
convoca unha concentración diante do seu centro de traballo, a Estación
de Servicio Bens
Despiden un empregado por gozar do permiso de paternidade
A empresa Estación de
Servicio Bens SL despediu un traballador despois de que gozase do
permiso de paternidade para exercer o dereito legal a conciliar a súa
vida persoal, familiar e laboral. O caso xa foi posto en coñecemento da
Inspección de Traballo e tamén se denunciará no Xulgado do Social, onde
se solicitará a nulidade do despedimento por se tratar dun exemplo
claro de discriminación |
|
|
Pola
liberdade de expresión
A CIG de Vigo amosa a súa solidariedade coas persoas sancionadas da
manifestación soberanista do 6-D
A Dirección Comarcal da
CIG-Vigo mostra a súa solidariedade coas persoas sancionadas polos
feitos acontecidos na manifestación soberanista celebrada o 6 de
decembro na cidade de Vigo a través dun comunicado que se fixo chegar
aos medios de comunicación nesta semana para reclamar a defensa da
liberdade de expresión |
|
|
Mídia esconde o bloqueio a
Cuba
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
Cuba depois de Fidel
Artigo de Emir Sader
(Agência Carta Maior) |
| |
| 26/02/2008 |
|
A folga
queda desconvocada
A asemblea de traballadores de Cespa en A Coruña aproba un acordo coa
empresa
Non haberá folga no servizo
de limpeza viaria e de recollida do lixo na cidade de A Coruña logo de
que a asemblea de traballadores de Cespa aprobase o preacordo que
atinxiran a parte social e a empresa na última xuntanza da mesa de
negociación do novo convenio colectivo |
|
|
Fidel Castro e o futuro de
Cuba
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
O rearmamento do
nacionalismo español
Artigo de Raimundo Viejo
Viñas (Diagonal) |
|
|
A solução democrática da
crise boliviana
Artigo de Emir Sader
(Agência Carta Maior) |
|
|
Cuba: Não haverá substituto
para Fidel
Artigo de Ignacio Ramonet
(Vermelho) |
| |
| 23/02/2008 |
|
Hai meses xa
advertiran que, de non ser atendidas as súas peticións, eles tamén
entrarían en campaña
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica acampan ante a Xunta en
demanda dun cambio de trazado do TAV
Tras percorrer as rúas
compostelás, os traballadores de Ramsa, empresa concesionaria da
explotación da mina de Serrabal, e dos centros de Ferroatlántica de
Cee-Dumbría e Sabón cumpriron o seu compromiso de acampar diante do
edificio da Xunta en demanda do cambio de trazado do Tren de Alta
Velocidade e en defensa dos postos de traballo |
|
|
Conseguen
tirar compromisos
As redeiras ocupan a Inspección de Traballo e a Xunta en Vigo para
reclamar medidas contra o furtivismo
O venres 22 de febreiro
desde ás dez da mañá comezaba unha xornada de reivindicación e
visibilización dos dereitos das redeiras, que desde distintos portos de
Galiza chegaron a Vigo para reclamar medidas para rematar co traballo
ilegal deste oficio, que xa supón un 67%, e que dana gravemente ao
sector |
|
|
Felicitan a
Galaxia polo éxito conseguido para o noso idioma con esta tradución
A Mocidade pola Normalización Lingüística anima a ler en galego a
derradeira das aventuras de Harry Potter
A Mocidade pola
Normalización Lingüística, sección xuvenil da Mesa, súmase á
celebración dos millares de persoas seguidoras das aventuras de Harry
Potter pola saída ao mercado do derradeiro dos títulos da saga do xoven
mago, Harry Potter e as reliquias da morte |
|
|
Unha vida
entregada á causa nacionalista
Faleceu Lois Obelleiro
Artigo de Manuel Mera
(Galiza) |
|
|
Exxon-Mobil, piratas
petroleiros
Artigo de Pedro Campos
(Avante!) |
|
|
Perspectiva e antecedentes
da novíssima luta pela independência em Porto Rico
Artigo de Juan Mari Brás
(ODiario.info) |
| |
| 22/02/2008 |
|
Os preto de
2.000 traballadores/as corearon consignas como Este IPC, para Rajoy e
ZP
Delegados e delegadas da CIG demandan nas rúas de Compostela Salarios
dignos contra a carestía da vida
Baixo o lema Salarios
dignos contra a carestía da vida percorreron as rúas de Compostela
preto de 2.000 delegados e delegadas da CIG desde a Alameda até a Praza
de Praterías, que se quedou pequena para acoller a todas e todos os
asistentes. Unha mobilización para chamar á clase traballadora galega a
loitar, nos convenios colectivos, contra a precariedade e por melloras
salariais |
|
|
Os
traballadores acamparán en San Caetano durante toda a campaña electoral
Manifestación dos traballadores de Serrabal e Ferroatlántica de
Cee-Dumbría e Sabón en Compostela
Os traballadores e
traballadoras da mina de Serrabal e das plantas de Ferroatlántica en
Cee-Dumbría e Sabón convocan para hoxe venres día 22 de febreiro, ás
11:00 horas, unha manifestación con saída da Alameda, que percorerrá as
rúas de Compostela para rematar diante do edificio administrativo da
Xunta de Galiza en San Caetano |
|
|
CIG-Ensino
critica este feito que impide facer propostas na Mesa sectorial con
coñecemento suficiente
Educación presenta unha oferta de emprego público sen posibilidades de
moficar os seus aspectos xerais
A CIG-Ensino criticou na
Mesa sectorial de Ensino non universitario que tivo lugar o pasado 20
de febreiro, que a Consellaría de Educación non achegou con antelación
a proposta de oferta de emprego para o ensino público (oposicións) o
que supón que non se poida facer unha valoración demorada e propostas
con coñecemento suficiente |
|
|
Presentou en
Educación unha listaxe de cincuenta centros cos casos máis graves
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia no ensino un
incumprimento masivo do decreto de galeguización
A MNL entregou no rexistro
da Consellaría de Educación unha listaxe de cincuenta centros nos que
se incumpre de forma especialmente grave o decreto de galeguización do
ensino. Segundo o seu presidente, Carlos Callón, o incumprimento é
masivo, especialmente no tocante aos ciclos formativos e ao ensino
infantil |
|
|
Fidel Castro e o lixo
midiático
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
A ilha sitiada
Artigo de Eduardo Bomfim
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
Uma guerra atrás da esquina
Artigo de Flávio Aguiar
(Agência Carta Maior) |
| |
| 21/02/2008 |
|
Nova
xuntanza da Mesa sectorial de Atención Primaria o venres
Peches nos centros de PAC's galegos contra a discriminación no Sergas
Os médicos dos Puntos de
Atención Continuada (PAC) de Vigo e A Coruña somáronse o 19 de febreiro
aos seus compañeiros das outras cinco grandes cidades galegas, e
iniciaron un peche indefinido para reclamar melloras na súa situación
laboral |
|
|
Todos novos ricos
Artigo de Manuel Mera
(Galiza) |
|
|
Cuba máis aló de Fidel:
guións errados e perspectivas
Artigo de Joseba Macías e
José Miguel Arrugaeta (Gara) |
|
|
Entrevista a Emir Sader:
Non hai condicións para aventuras bushianas en América Latina
Artigo de Carlos Abel Suárez
(Sin Permiso) |
|
|
Kosovo independente, e
despois?
Artigo de Jean-Arnault
Dérens (Le Monde Diplomatique) |
|
|
América do Sul: Do destino à
construção
Artigo de Marco Aurélio
Garcia (Vermelho) |
| |
| 20/02/2008 |
|
Atentado
contra o dereito dos traballadores
Visto para sentenza o xuízo da funcionaria acosada desde 1999 contra o
alcalde de Dozón por prevaricación
As palabras de Ana Lois
Navaza, a presentación de probas periciais, sentenzas e testemuñas
volveron ratificar o acoso laboral no Concello de Dozón. A CIG reclama
que se inhabilite ao alcalde e que se recoñeza o delito cometido por
Adolfo Campos Panadero por prevaricación, atentar contra o dereito dos
traballadores, falta de medidas de seguridade no posto de traballo,
lesións e discriminación por ideoloxía |
|
|
A sección
sindical da CIG asegura que o anterior Goberno local bloqueou toda
posibilidade de entendemento cos empregados
Traballadores municipais e Concello de As Pontes atinxen un acordo que
normaliza as relacións laborais
O último pleno municipal de
As Pontes aprobou un acordo que normaliza as relacións laborais entre
os traballadores do Concello e o Goberno local, e que supón a fin dun
conflito que mantiveron as dúas partes nos últimos catro anos. A
sección sindical da CIG critica a xestión desenvolvida polo anterior
Executivo local (BNG), a quen acusou de represaliar e difamar os
traballadores |
|
|
Medida de
presión por un Convenio digno
Os traballadores de Faurecia Interior Systems bloquean a entrada da
fábrica para parar as horas extra
O sábado 16 desde as cinco
da mañá, máis de cen traballadores da factoría da automoción Faurecia
Interior Systems, no Polígono das Gándaras de O Porriño, bloqueaban a
entrada deste centro de traballo para impedir que se realizaran horas
extras como unha medida de presión na negociación do convenio de empresa |
|
|
A Mesa xa
recibiu 40 queixas por acoso laboral por cuestión de lingua nos últimos
dous anos
Un xefe de sección dun Carrefour de A Coruña recrimina aos empregados
por dirixirse aos clientes en galego
A Mesa pola Normalización
Lingüística vén de denunciar un novo caso de discriminación lingüística
no eido laboral. Un xefe de sección do centro comercial Carrefour da
avenida de Alfonso Molina recriminou a unha empregada por dirixirse aos
clientes en galego. Burra, no hables lenguas menores foron as
palabras que dedicou á traballadora |
|
|
Jovens cubanos e mentiras da
Globo
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
2008: o pasamento da
globalización neoliberal
Artigo de Immanuel
Wallerstein (FBC) |
|
|
Crise de lexitimidade do
Banco Mundial e do FMI
Artigo de Éric Toussaint
(CADTM) |
|
|
Kosovo: manobra
xeoestratéxica
Artigo de Editorial (La
Jornada) |
|
| |
|
|
|
Infórmate da
actualidade sindical todos os días en GalizaCIG
|
| |
|
|
|
|