|
|
|
|
Mostrando mensaje 563
|
|
< Anterior | Siguiente >
|
|
|
| Asunto: | [galizacig] Novidades GalizaCIG 19/02/2008 | | Fecha: | Martes, 19 de Febrero, 2008 09:21:38 (+0100) | | Autor: | fp <fper @.......es>
|
GalizaCIG / Novidades
Estimada/o compañeira/o
A data 19 de febreiro de 2008 temos engadido nas páxinas
de
GalizaCIG, a web da CIG (Confederación Intersindical
Galega),
as informacións referenciadas á fin desta mensaxe.
Infórmate da actualidade sindical de Galiza todos os días
en http://www.galizacig.com
Webs espello en: http://www.galizacig.org e http://www.galizacig.net
Atentamente,
Fernando Pol (administrador
de GalizaCIG).
CIG-Informática.
| ·Novidades |
GalizaCIG·
|
|
| 19/02/2008 |
|
Fai unha
valoración positiva porque mellora substancialmente as condicións
laborais
A CIG-Ensino asina o acordo de profesorado itinerante
CIG-Ensino, Consellaría e
demais organizacións sindicais asinaron, o luns 18 de febreiro, un
acordo para o profesorado itinerante polo que se melloran
substancialmente as súas condicións laborais, satisfacendo ademais as
reivindicacións polas que tanto a Federación de Ensino da CIG como o
profesorado se viñan mobilizando nos últimos anos |
|
|
Inicia
campaña de denuncia
A CIG alerta de que en Ourense os obreiros traballan sen protección en
derrubas de obras con amianto
Nunha rolda de prensa que
tiña lugar o venres 18 de febreiro no local sindical da CIG de Ourense,
o secretario comarcal, Etelvino Blanco, e Anxo Pérez Carballo, técnico
en Prevención de Riscos da Central Sindical, presentaron unha campaña
para denunciar a situación dos traballadores nas obras de derrubo de
edificios antigos, onde existe amianto, sen tomar medidas de protección |
|
|
Boletín
Sindical nº 8
A CIG pasa a ser a segunda forza sindical en Galiza
Os datos oficiais do proceso
de eleccións sindicais, feitos públicos pola Dirección Xeral de
Relacións Laborais o pasado 6 de febreiro, confirman que a CIG pasa a
ser a segunda forza en Galiza con 5.628 delegadas/os, por diante de
CCOO e a tan só 545 de UGT. A Executiva Confederal considera que se
trata duns resultados históricos que reafirman o modelo sindical que
nós representamos |
|
|
Estas dúas
centrais asinan un acordo que impide que os traballadores perciban as
cantidades atrasadas de 2007
UGT e CCOO venden os operadores de guindastres autopropulsados
UGT e CCOO asinaron coa
patronal o 18 de febreiro un acordo sobre o primeiro Convenio Galego de
Guindastres Autopropulsados que resulta lesivo para os intereses dos
traballadores do sector. As dúas centrais españolas avalaron coa súa
rúbrica, entre outros aspectos negativos, que os operadores de grúas
non perciban os atrasos correspondentes ao ano pasado |
|
|
Nova
concentración dos traballadores polo recoñecemento das 12.000 horas
A Policía portuaria de Vigo contra o acordo de empresa asinado por CCOO
e UGT
O xoves 14 de febreiro ás
14:00 horas, efectivos da Policía portuaria, xunto cos delegados
sindicais e membros do Comité da CIG, concentráranse de novo no Porto
de Vigo. Reclamam o abono de 12.000 horas extras realizadas por un
colectivo de 74 traballadores durante o ano 2007 |
| |
| 18/02/2008 |
|
Contra a
carestía da vida
Salarios dignos
Na CIG tomamos a decisión de
mobilizarnos como Central Sindical para denunciar socialmente a perda
constante da capacidade adquisitiva dos salarios. Diferentes causas
poden explicar as razóns polas que a clase traballadora está pagando un
tributo a modo de imposto, no que unha parte importante das nosas
retribucións son transferidas á contabilidade e beneficios das
empresas; e cando os índices de pobreza dispáranse en Galiza, asociados
a baixos salarios e pequenas pensións |
|
|
Galiza non
se vende
Máis de dez mil persoas maniféstanse en Compostela contra a destrución
do territorio
Milleiros de persoas
encheron as rúas de Compostela nunha mobilización que saía ben pasadas
as doce da mañá da Alameda. Foi unha manifestación chea de cor, música,
alegría, reivindicacións fortes e unha mensaxe moi clara: a necesidade
de loitar por unha terra viva e unha vida digna para todas e todos |
| |
| 16/02/2008 |
|
Nilda Eloy,
membro da Asociación Ex Detidos Desaparecidos
Logramos que xudicialmente se recoñecera por primeira vez que o que
ocorreu na Arxentina foi un xenocidio
Nilda Eloy está a visitar
Galiza, da man da CIG, no mes de febreiro. Aproveitamos esta ocasión
para entrevistala e que nos relatara a súa experiencia, xa que foi
secuestrada en 1976. Tamén para abordar máis cuestións de actualidade,
así como a actividade que leva adiante a súa asociación pola
recuperación da memoria e a xustiza |
|
|
Contra os
despedimentos
Concentración por unha subrogación cos mesmos dereitos en Limpezas
Cliner
Nova mobilización dos
traballadores e traballadoras de Limpezas Cliner, empresa que subrogou
o seu servizo de limpeza nas oficinas do Banco Santander a Limpezas
Cíes, o que está a provocar despedimentos e recortes de xornada e
dereitos laborais |
|
|
Din que o
programa de Superpiñeiro incumpre os principios estatutarios da CRTVG
A CIG da TVG denuncia a caravana de mulleres como un acto machista e
fóra de época e lugar
A sección sindical da CIG da
TVG vén de demandar que se aseguren os mecanismos que garantan que as
producións se axusten aos principios que deben inspirar os medios
públicos en Galiza. Esta demanda faise logo de que o programa da TVG
de Superpiñeiro colaborara na organización dunha caravana de
mulleres |
|
|
María San Gil: O sorriso do
demo
Artigo de Xurxo Martínez
Crespo (Galiza) |
|
|
O pasado como brétema
Artigo de Manuel Mera
(Galiza) |
|
|
O holocausto palestino
Artigo de Gilson Caroni
Filho (Agência Carta Maior) |
|
|
Para além da recessão: No
princípio da segunda etapa da crise global
Artigo de Jorge Beinstein
(resistir.info) |
|
|
Grande conspiração da classe
dirigente por trás da Guerra do Iraque
Artigo de John Catalinotto
(ODiario.info) |
|
| |
|
|
|
Infórmate da
actualidade sindical todos os días en GalizaCIG
|
| |
|
|
|
|