eListas Logo
   El sistema de Listas de correo, Boletines y Newsletters más completo de la Red Inicio | Servicios | Publicidad | Compañía 
Inicio > Mis eListas > galizacig > Mensajes


 Índice de Mensajes 
 Mensajes 561 al 561 
AsuntoAutor
Novidades GalizaCI fp
 << 20 ant. | -- ---- >>
 
GalizaCIG
Página principal    Mensajes | Enviar Mensaje | Ficheros | Datos | Encuestas | Eventos | Mis Preferencias

Mostrando mensaje 559     < Anterior | Siguiente >
Responder a este mensaje
Asunto:[galizacig] Novidades GalizaCIG 29/01/2008
Fecha:Martes, 29 de Enero, 2008  07:24:48 (+0100)
Autor:fp <fper @.......es>

GalizaCIG / Novidades
Estimada/o compañeira/o

A data 29 de xaneiro de 2008 temos engadido nas páxinas de
GalizaCIG,
a web da CIG (Confederación Intersindical Galega),
as informacións referenciadas á fin desta mensaxe.

Infórmate da actualidade sindical de Galiza todos os días
en http://www.galizacig.com

Webs espello en: http://www.galizacig.org e http://www.galizacig.net

Atentamente,
Fernando Pol (administrador de GalizaCIG).
CIG-Informática.
 
 
·Novidades

GalizaCIG·


29/01/2008

A Fiscalía solicitaba para Xesús Pastoriza unha pena de tres anos e seis meses de cárcere
Absolven o responsábel nacional do Transporte da CIG dos dous delitos que lle imputaban
Xesús Pastoriza, responsábel nacional do Transporte da CIG, foi absolvido dos dous delitos que lle imputaban o Ministerio Fiscal e a acusación particular, que pedían para el penas de prisión de tres anos e seis meses e de catro anos e seis meses, respectivamente

Unha representación do sindicato e dos traballadores entrevistouse con membros dos grupos parlamentarios do PSOE, BNG e PP
A CIG pídelle firmeza aos partidos políticos na defensa dos dereitos do persoal das auxiliares do carbón
A CIG e unha representación dos traballadores das auxiliares das minas de Meirama e As Pontes pedíronlle firmeza aos tres grupos parlamentarios galegos para que fagan valer ante o Ministerio de Industria as resolución da Cámara autonómica en defensa dos dereitos destes operarios a incorporárense as empresas principais

Exixen a modificación do actual sistema de exclusiva
CIG Saúde oponse ás tentativas de eliminar a dedicación exclusiva dos médicos da sanidade pública galega
Os sindicatos médicos corporativos, co apoio dos colexios de médicos, están promovendo mobilizacións dos médicos pluriempregados nunha estratexia que ten entre os seus obxectivos eliminar, tamén na Galiza, os incentivos existentes para que os médicos da sanidade pública opten pola exclusividade, o que suporía a súa eliminación práctica

10% de incremento
O ano 2007 rematou con 400 accidentes de traballo rexistrados máis que en 2006
Desde a CIG de Ourense sinalan en comunicado de prensa sobre a sinistralidade no traballo que “tampouco en 2007 fomos capaces de inverter a tendencia alcista en materia de sinistralidade en Ourense”

En defensa da dedicación exclusiva dos médicos da sanidade pública
Francisco L. Vázquez Vizoso e Xan Cons Pintos (Galiza)
 
28/01/2008

Existen discriminacións retributivas
Os Inspectores de Pesca Marítima estarán de folga o 29 de xaneiro
A CIG-Administración do Estado denuncia a falla de vontade da Administración do Estado para regular a situación laboral dos Inspectores de Pesca Marítima, dependentes funcionalmente do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación. Estes traballadores estarán de folga o 29 de xaneiro

Unha proposición indecente
Artigo de Clodomiro Montero Martínez (Galiza)

Son as FARC e o ELN organizacións terroristas?
Artigo de Xurxo Martínez Crespo (Galiza)

A barbárie está em Davos
Artigo de Gilson Caroni Filho (Agência Carta Maior)

A conivência europeia com Israel no genocídio palestino
Artigo de Omar Barghouti (resistir.info)

Equador: Os desafios para o governo de Rafael Correa e a nova Constituinte
Artigo de Eric Toussaint (ODiario.info)
 
26/01/2008

“Defendemos o que é noso”
Máis de 200 persoas maniféstanse cos traballadores de Marbar reclamando xustiza
Pasadas as once e media da mañá os traballadores e traballadoras de Marbar deixaban pechadas as instalacións da nave industrial, que levan toda a semana defendendo, con quendas noite e día, para comezar unha marcha de máis de cinco quilómetros até o Concello de Tomiño

Concentración o martes 29 ás 12:00 horas no Polígono do Tambre, diante de Tragsa
Traballadores/as de Tragsega mobilízanse para denunciar a política de contratación da empresa
A empresa pública Tragsega SA, pertencente ao Grupo TRAGSA, prescinde de máis de 75 traballadores en Galiza (veterinarios e administrativos) para efectuar as Campañas de Saneamento Gandeiro de 2008, incumprindo o RD 5/2006 e a Lei 43/2006 que obriga a realizar contratos indefinidos con dous o máis encadeados cunha duración de 24 meses nun intervalo de 30 meses

Foran despedidos en xaneiro de 1988 durante o conflito ocasionado polos bidóns do Casón
O BNG demanda que se “faga xustiza” co antigo Comité de Empresa de Alúmina-Aluminio
O BNG presentou unha proposición non de lei no Parlamento de Galiza no que reclama o recoñecemento explícito do labor sindical dos representantes despedidos en 1988 polos sucesos acaecidos tras do embarrancamento do buque Casón nas costas galegas e o traslado da carga tóxica desta embarcación á factoría de Alúmina-Aluminio

Eduardo Álvarez fora condenado a pagarlle 5.000 euros ao xuíz decano da cidade por unhas presuntas inxurias contra este
A Audiencia Provincial de A Coruña declara a nulidade do xuízo contra o secretario comarcal da CIG-Ensino
A Audiencia Provincial de A Coruña declarou a nulidade radical de actuacións do xuízo de faltas no que Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, fora condenado a pagar unha multa de 200 euros e a indemnizar con 5.000 ao xuíz decano da cidade, Antonio Fraga Mandián, en concepto de danos morais por presuntas inxurias. A vista oral terase que repetir

A punta do iceberg dos graves incumprimentos do Decreto de galeguización do ensino non universitario
A Mesa denuncia o “desleixo da Consellaría de Educación” ante casos de aulas de Lingua Galega en castelán
Aulas de Lingua e Literatura Galega en castelán nun centro de primaria, unha profesora de secundaria que traduce e dita en español o libro de Historia que está en galego, ou centros onde unicamente a clase de galego se imparte nesta lingua son só “a punta do iceberg” dos graves incumprimentos do novo Decreto de galeguización do ensino non universitario

Desde o inicio do curso hai centros que carecen de orientadores/as maila ter catalogados estes postos
CIG-Ensino reclama da Consellaría a dotación de profesorado de orientación para a comarca de Santiago
A CIG-Ensino leva reclamando desde o inicio de curso, ante a Delegación Provincial da Consellaría en A Coruña, a dotación dunha orientadora ou dun orientador nos centros educativos, como mínimo o número que aparece catalogado na relación de postos de traballo dos centros educativos
 
25/01/2008

Solicita que se reclame a transferencia de competencias na materia
A CIG demanda a derrogación do RD que permite deixar de repartir o correo no rural
O Real Decreto 503/07 estabelece que nos “contornos especiais a entrega dos envíos postais ordinarios realizarase a través de buzóns individuais non domiciliarios e de casilleiros concentrados”. Isto afectaría ao reparto postal ordinario de grande parte do rural galego e para a CIG podería ser anticonstitucional e atentar contra a Lei de Protección de Datos, ademais de pór en risco 400 postos de traballo

A marcha partirá ás 11 da mañá da nave industrial de Edificacións Marbar (na Tebra) e rematará no centro de Tomiño
A CIG convoca unha mobilización de apoio aos traballadores e traballadoras das empresas Marbar
A Comarca de Vigo, e desde a Federación de Construción da CIG, organizou para mañá venres 25 de xaneiro unha manifestación para arroupar e acompañar aos traballadores e traballadoras de Marbar, que veñen de ficar sen traballo e co dono da empresa desaparecido

Instará a Industria que xestione a incorporación a Endesa dos operarios que reúnan os requisitos marcados polo Miner II
O Concello de As Pontes aproba unha moción de apoio aos traballadores das auxiliares da mina
A Corporación municipal de As Pontes aprobou por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores das auxiliares da mina, nun pleno extraordinario o 23 de xaneiro. O Concello pediralle ao Ministerio de Industria que xestione a incorporación a Endesa de todos os operarios das contratas e subcontratas que reúnan os requisitos marcados polo Plan Miner II

Grazas ao peche no parque comarcal
Os bombeiros do parque de O Morrazo conseguen un preacordo pola presión das mobilizacións
Todas as xestións coa Administración resultaron inútiles para resolver a situación de discriminación salarial dos bombeiros dos Consorcios Comarcais privatizados da Provincia de Pontevedra. Tiña que ser un peche no parque comarcal que se iniciaba este xoves a mañá, o momento no que distintas xestións fixeron posíbel un preacordo que será transmitido e concretado o luns 28

DESDE O VENTRE DA BALEA
De como a(s) lingua(s) entra(n) en campaña electoral
Artigo de Rafa Villar (Galiza)

A cuestión vasca
Artigo de Manuel Mera (Galiza)
 
24/01/2008

Os traballadores solicítanlle en persoa ao presidente da Xunta que medie neste conflito
Tragsega prescinde do 70% dos seus empregados en Lugo para non facelos fixos
Tragsega, empresa de capital público estatal dependente do Grupo Tragsa, prescindiu, no comezo da nova campaña de saneamento gandeiro da provincia de Lugo, dos 75 empregados eventuais que viña contratando desde 2002. A sociedade impide deste xeito que estes traballadores se convertan en fixos

Os presupostos non recollen a suba do 1% da masa salarial para o persoal municipal, entre outros aspectos
A CIG recorre ante o TSXG a aprobación dos Orzamentos do Concello de A Coruña
A CIG interpuxo un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra a aprobación do Orzamento do Concello de A Coruña para o ano 2008. O presuposto non contempla, entre outros aspectos, o incremento retributivo para o persoal municipal do 1% da masa salarial dos exercicios 2006 e 2007, tal como prescribe a Lei

Brasil: Eliane Cantanhêde e Uribe, tudo a ver
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
 
23/01/2008

CIG, CCOO e UGT valoran moi positivamente o acordo e desconvocan as mobilizacións
Recoñécese a carreira profesional a todos os traballadores e traballadoras das contratas do Sergas
CIG, CCOO e UGT conseguiron, a media noite do luns 21 de xaneiro, asinar un acordo segundo o que, “pola parte empresarial, faise recoñecemento expreso do dereito do persoal pertencente ás distintas contratas do Sergas que teñen recoñecida a equiparación salarial, á percepción económica do equivalente ao importe da chamada carreira profesional”

56 persoas e graves consecuencias
Os traballadores da construtora Marbar fechados nas instalacións da empresa ante a fuxida do xefe
Son un total de 56 empregados os que veñen de ficar sen traballo e co dono da empresa desaparecido, repartidos entre os diferentes negocios de Construcións Marbar SL. O grupo de empresas dedicábase á extracción e transformación de pedra, así como a construción e promoción de vivendas. Era unha das firmas máis importantes do seu sector na zona do Baixomiño

Asistiu como convidado Antón Casal, quen lembrou o acontecido co Casón
Asemblea de delegados/as da CIG-A Mariña para valorar o proceso de eleccións sindicais 2007
A CIG de A Mariña celebraba na tarde do luns 21 de xaneiro unha Asemblea de delegados/as para valorar o proceso de eleccións sindicais 2007, no que a CIG quedou como primeira forza na Comarca pasando dunha representación do 22,5% en 2003 ao 31,5% en 2007. Á Asemblea asistiu tamén como convidado Antón Casal

A Federación de Ensino denuncia que a Consellaría de Educación imposibilita de forma reiterada estes controis
O Valedor do Pobo admite a trámite a queixa da CIG por incumprirse a revisión sanitaria anual dos/as docentes
O Valedor do Pobo vén de admitir a trámite a queixa presentada pola CIG-Ensino polo incumprimento reiterado da Consellaría de Educación de posibilitar revisións sanitarias anuais a todos e a todas os/as docentes do ensino público

A via de desenvolvimento de orientação socialista
Artigo de Samir Amin (ODiario.info)
   

Infórmate da actualidade sindical todos os días en GalizaCIG

   





TODO SOBRE SEO, INTERNET MARKETING, PAGE RANK, ETC.
Aprende, valora, edita, comenta, contacta y comparte sobre todo lo relacionado con SEO e Internet marketing. Noticias, debates, etc.
seoweb.corank.com

eListas.net:  Página principalÍndice de listasCrear listaListas Destacadas
Tu Cuenta:  Mis eListasMi Información y PreferenciasApuntateAyuda
Servicios:  ServiciosProductosSoluciones ComercialesPublicidad
General:  AyudaNovedadesPrivacidad de datosNo spamEscríbenos

eListas

eListas.net es un servicio de Blabia Inc.
Copyright © 1999-2008 Blabia Inc., Todos los derechos reservados
Términos del Servicio | Privacidad de datos