|
|
|
|
Mostrando mensaje 557
|
|
< Anterior | Siguiente >
|
|
|
| Asunto: | [galizacig] Novidades GalizaCIG 16/01/2008 | | Fecha: | Miercoles, 16 de Enero, 2008 08:56:01 (+0100) | | Autor: | fp <fper @.......es>
|
GalizaCIG / Novidades
Estimada/o compañeira/o
A data 16 de xaneiro de 2008 temos engadido nas páxinas
de
GalizaCIG, a web da CIG (Confederación Intersindical
Galega),
as informacións referenciadas á fin desta mensaxe.
Infórmate da actualidade sindical de Galiza todos os días
en http://www.galizacig.com
Webs espello en: http://www.galizacig.org e http://www.galizacig.net
Atentamente,
Fernando Pol (administrador
de GalizaCIG).
CIG-Informática.
| ·Novidades |
GalizaCIG·
|
|
| 16/01/2008 |
|
Xosé Carlos
Crespo, secretario nacional de CIG-Administración
Agardamos que a Mesa do Parlamento autorice en breve a recollida de
sinaturas da ILP dos altos cargos
Continuamos coa rolda de
entrevistas aos secretarios e secretarias nacionais das federacións, e
nesta ocasión contamos coa achega da conversa mantida con Xosé Carlos
Crespo, secretario nacional da Federación de Administración Pública da
CIG |
|
|
Camiñando
cara unha folga nacional
Mobilización das traballadoras do servizo de limpeza do Hospital de
Montecelo pola equiparación e a carreira
Nova mobilización das
traballadoras e traballadores das empresas adxudicatarias do Sergas,
desta volta, na cidade de Pontevedra, e aproveitando a hora do
descanso, un numeroso e ruidoso grupo de traballadoras manifestábanse
diante do Hospital de Montecelo |
|
|
Cinco
traballadores levan xa dous meses sen traballo efectivo por pedir
mellores condicións laborais
Concentración diante de Transportes Manuel Rial
Traballadores de Transportes
Rial SL concentráronse diante da empresa para denunciar a precariedade
laboral que padecen e demandar unhas condicións de traballo dignas.
Como medida de presión os traballadores acordaron pór en marcha unha
campaña informativa entre os veciños e veciñas de Negreira para dar a
coñecer a súa situación |
|
|
Demandan
cese de Xerencia
Protesta da Comisión de Centro do CHOP na presentación da nova equipa
directiva
Son moitos os meses de
mobilización e actos de protesta no Complexo Hospitalario de Pontevedra
pola xestión e polos problemas de recursos humanos neste hospital. Unha
nova acción foi na presentación da nova equipa de Dirección a aparición
de máis de vinte persoas con carteis coa lenda de Cese Xerencia |
|
|
Rolda de
prensa de avaliación das eleccións sindicais
A CIG de Pontevedra obtén o 33,17% de representatividade
Os resultados das eleccións
sindicais volven ser noticia, aínda pendentes dos datos finais
oficiais, e é que na cidade de Pontevedra e nos concellos próximos a
CIG é de novo a primeira forza sindical. Gaña as eleccións sindicais na
comarca de Pontevedra con 52 delegados e delegadas máis que CCOO e 68
máis que UGT |
|
|
A central
nacionalista pasa de 6 a 8 representantes no comité provincial coruñés
desta empresa de Gadisa
A CIG fica ao borde da maioría absoluta en Almacenes Casán
A CIG conseguiu 8 delegados
nas eleccións ao Comité provincial coruñés de Almacenes Casán, empresa
pertencente ao Grupo Gadisa. O sindicato nacionalista subiu dous
representantes con respecto ao anterior proceso electoral e quedou a
unha escasa marxe de conseguir a maioría absoluta. A participación foi
do 67,5% |
|
|
O venres 18
ás 10:00 horas en Compostela
Xornadas internas de formación político-sindical con Rafa Díez
Usabiaga, secretario xeral de LAB
A CIG organiza, o próximo
venres día 18 de xaneiro, unhas xornadas internas de formación
político-sindical en Compostela, nas que se contará coa presenza do
secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga |
|
|
A asociación
en defensa da lingua di que os servizos ferroviarios, de titularidade
estatal, actúan como se o galego non existise
A Mesa denuncia a vulneración de dereitos lingüísticos por parte de
RENFE e ADIF
A Mesa pola Normalización
Lingüística realizou o martes 15 de xaneiro un acto reivindicativo na
estación do tren de Santiago de Compostela para denunciar as
vulneracións dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas que RENFE
e ADIF, como organismos públicos que xestionan as infraestruturas
ferroviarias e a explotación dos camiños de ferro en Galiza, están a
cometer |
|
|
Brasil: CTB, a novidade no
sindicalismo
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
Uma mentira que abala o Mundo
Artigo de Rui Namorado Rosa
(ODiario.info) |
| |
| 15/01/2008 |
|
Concentración
de delegados/as o mércores 16 de xaneiro, ás 11:30 horas diante da
Consellaría
Convocatoria unitaria para reclamar de Educación un novo proxecto de
orde para a xornada única
O 27 de decembro CIG-Ensino,
CCOO, UGT, ANPE, STEG e CSIF, presentaban na Mesa Sectorial Docente non
Universitaria un escrito para reclamar un novo proxecto de orde sobre
implantación da xornada única e demandar unha entrevista con carácter
de urxencia. Ante a falta de resposta da Consellaría acordaron, de
forma unitaria, convocar unha concentración de delegados/as |
|
|
A empresa
acuícola botou 17 traballadores de maneira improcedente nos últimos
catro anos
Declaran nulo o despedimento do presidente do Comité de Stolt Sea Farm
Joaquín Casais Louro,
presidente do Comité de Stolt Sea Farm e afiliado á CIG, será
readmitido na empresa logo de que o Xulgado do Social número 2 de
Compostela declarase nulo o seu despedimento. A multinacional da
acuicultura botou en Galiza de xeito improcedente 17 empregados nos
últimos catro anos (11 deles no departamento de Hatchery de Quilmas, en
Carnota, onde traballa o denunciante) |
|
|
Convocan
unha concentración diante da oficina o sábado 19 de xaneiro ás 13:00
horas
CIG-Correos denuncia o mal funcionamento do servizo en Teo por falta de
persoal de reparto
En xaneiro de 2005, Correos
entregou, aos traballadores de Correos de Teo, unha proposta de reforma
baseada nun estudo feito no ano 2004, que estabelecía a necesidade de
aumentar o cadro de persoal de Correos en Teo en 3,5 persoas máis.
Malia o tempo transcorrido ese incremento non se efectivizou |
|
|
Brasil: Sinais
contraditórios no sindicalismo
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
Entrevista a
Frei Betto e François Houtart
As mudanzas en América Latina van afectar a unha parte moi rica da
poboación
Entrevista por Ramón Palao
(Diagonal) |
|
|
Entrevista a
Atilio Borón
Co neoliberalismo a destrución de aparello estatal foi realmente
impresionante
Entrevista por Francisco
Herreros (El Siglo) |
| |
| 12/01/2008 |
|
Brasil: São Paulo, palanque
dos neoliberais
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
Mudança de época na América
do Sul
Artigo de Ronaldo Carmona
(Vermelho) |
|
|
África di non
Artigo de Ignacio Ramonet
(Le Monde Diplomatique) |
|
|
Os limites da mudança nos
Estados Unidos
Artigo de Luiz Carlos Azenha
(Vermelho) |
| |
| 11/01/2008 |
|
Forte apoio
ao modelo sindical e de mobilización da central nacionalista
A CIG gaña de novo as eleccións sindicais na Comarca de Vigo co 36,1%
da representatividade, 2,9 puntos máis
As eleccións sindicais
realízanse en períodos abertos de catro anos. O que vai do 01/01/2004
até o 31/12/2007 foi avaliado o 10 de xaneiro, en rolda de prensa, por
unha representación da Executiva Comarcal da CIG de Vigo composta por
Chelo Lago, responsábel de Formación e Afiliación; Bea Caamaño,
responsábel de Persoal e Finanzas; Xerardo Abraldes, secretario
comarcal; e Placer Vila, secretaria de Organización |
|
|
DESDE O
VENTRE DA BALEA
O reiciño feliz
Artigo de Rafa Villar
(Galiza) |
|
|
Brasil: Os dilemas do
presidente Lula
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
Socialismo do século XXI,
construción intelectual, slogan político ou expresión das loitas
anti-sistémicas
Artigo de François Houtart
(Cuba Siglo XXI) |
|
|
Europa: A vitoria das
liberdades económicas comunitarias fronte ao dereito de folga
Artigo de Adoración Guamán
Hernández (Red Voltaire) |
|
|
Que conseguiram os
zapatistas?
Artigo de Immanuel
Wallerstein (Esquerda) |
| |
| 10/01/2008 |
|
Unha nova transición
Artigo de Manuel Mera
(Galiza) |
|
|
Brasil: Um balanço parcial
do governo Lula
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
| |
| 09/01/2008 |
|
Prevé a
revogación ou suspensión das autorizacións de transferencia xa
concedidas
O Regulamento que desenvolve a Lei Orgánica de Protección de Dados
recolle achegas da CIG
O 11 de abril de 2007 en
pleno conflito polos despedimentos de Atento, a CIG mantivo unha
reunión en Madrid coa Axencia Estatal de Protección de Dados. O 15 de
decembro o Consello de Ministros aprobou o Regulamento que desenvolve a
Lei Orgánica de Protección de Dados, que recolle parte das achegas
presentadas pola CIG naquela reunión |
|
|
Acada 3 dos
5 delegados e CCOO queda fóra do Comité de Empresa
Maioría absoluta da CIG nas eleccións sindicais de CESPA en Compostela
A CIG obtivo a maioría
absoluta dos delegados e delegadas de CESPA, empresa dedicada ao
coidado de parques e xardíns en Compostela, nas eleccións sindicais
celebradas o luns 7 de xaneiro. Este resultado prodúcese logo dun
difícil proceso de negociación do convenio colectivo, ao que se
opuxeron CCOO e UGT |
|
|
Afirma que o
decreto 124/2007 debe cumprirse en todos os centros de ensino non
universitario
A Mesa pola Normalización Lingüística úrxelle a Educación un plan de
formación en galego para o profesorado
O presidente da Mesa pola
Normalización Lingüística, Carlos Callón, asegurou que o decreto
124/2007 de galeguización do ensino non se está a aplicar na maioría
dos centros. Segundo os datos que manexa, os incumprimentos son
especialmente graves no tocante ao idioma no que se imparten as aulas,
e de xeito masivo en educación infantil |
|
|
Os novos ventos na América
Latina
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
A caminho da recessão
Artigo de Umberto Martins
(Vermelho) |
|
|
Estados Unidos: Um clube de
milionários
Artigo de Juan Gelman
(ODiario.info) |
| |
| 08/01/2008 |
|
Avaliación
dos resultados
Apoio masivo ás candidaturas da CIG nas empresas do sector de
Alimentación no Porto de Marín
Coincidindo coa última
elección celebrada, a da empresa Tradepana, na que a CIG obtén a
maioría absoluta, e unha vez rematado o período das eleccións
sindicais, a Federación de Alimentación, Mar e Transporte da CIG avalía
os resultados obtidos no Porto de Marín, onde se concentran empresas
afectados polos convenios de Frío Industrial, conserva e elaborados |
|
|
Só tres
convenios teñen revisión salarial
Importante perda de poder adquisitivo nos salarios dos traballadores
ourensáns pola escandalosa suba do IPC
O Índice de Prezos ao
Consumo (IPC) establece a taxa anual do 2007 no 4,3% segundo os datos
adiantados polo Instituto de Estatística. Esta forte suba que ten como
base o encarecemento de produtos básicos de consumo representa unha
importante perda de poder adquisitivo. |
|
|
A crise do império e do
neoliberalismo
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
Paquistão, depois do
assassinato de Bhutto: A distorcida percepção do Ocidente
Artigo de Tariq Ali
(ODiario.info) |
|
|
Venezuela: Dicionário de
eufemismos da oposição liberal
Artigo de James Petras
(resistir.info) |
|
|
2007: o pior ano da guerra
americana
Artigo de Francisco Carlos
Teixeira (ACM) |
| |
| 05/01/2008 |
|
Contra as
deslocalizacións no Telemárketing
A CIG impugna xudicialmente a transferencia a Perú de dados persoais de
clientes de Telefónica
A Sala do Contencioso
Administrativo da Audiencia Nacional española está a tramitar o recurso
interposto pola CIG contra unha autorización de transferencia
internacional de dados á filial peruana da empresa Global Sales
Solutions Line, concedida pola Axencia Española de Protección de Dados
á Telefónica Móviles España. Este servizo é prestado actualmente pola
empresa Eurocen, que dá emprego a cerca de 1.000 persoas na cidade de A
Coruña |
|
|
É indecente
que UGT e CCOO pretendan arrogarse méritos cando son responsábeis de
que os mineiros fiquen excluídos do Miner II
Os avances no futuro laboral do persoal das auxiliares de Meirama
producíronse grazas á mobilización
Os avances producidos no
conflito das auxiliares de Meirama, como o mantemento dos postos de
traballo dos mineiros durante seis meses máis desde o peche do
xacemento, ocorrido o pasado 31 de decembro, débense á capacidade de
mobilización que amosaron os operarios. A última convocatoria de folga
serviu para forzar a Masa, Soluziona e Fergo a garantir o traballo na
mina até o próximo verán |
|
|
Deste xeito
a empresa impide que as traballadoras e traballadores coñezan as
posicións do sindicato nacionalista
Caixanova censura os comunicados da CIG
Caixanova negouse ao reparto
por valixa dun comunicado da CIG no que a Sección Sindical anunciaba
publicamente a súa oposición a unha ampliación da xornada laboral
comunicada pola empresa. Non é esta a primeira vez que a empresa
censura ou retrasa os comunicados da CIG co fin de evitar que os
traballadores e as traballadoras coñezan as posicións da CIG |
|
|
Déuselle o
seu nome a unha praza en Grou
Homenaxe ao patriota Elixio Rodríguez
Co gallo do nacemento do
galeguista Elixio Rodríguez, o 4 de xaneiro de 1910, e fundador das
Mocidades Galeguistas de Bande, rendéuselle homenaxe no seu pobo, Grou,
no Concello de Lobios, na Baixa Limia. Unha parroquia que fica moi
preto da Igrexa suevo-visigótica de Santa Comba e das ruínas romanas de
Aquis Querquennis |
|
|
Homenaxe a
Elixio Rodríguez
Lembranza a un fillo da Baixa Limia
Artigo de Manuel Mera
(Galiza) |
|
| |
|
|
|
Infórmate da
actualidade sindical todos os días en GalizaCIG
|
| |
|
|
|
|