eListas Logo
   El sistema de Listas de correo, Boletines y Newsletters más completo de la Red Inicio | Servicios | Publicidad | Compañía 
Inicio > Mis eListas > galizacig > Mensajes


 Índice de Mensajes 
 Mensajes 541 al 561 
AsuntoAutor
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
 << 20 ant. | -- ---- >>
 
GalizaCIG
Página principal    Mensajes | Enviar Mensaje | Ficheros | Datos | Encuestas | Eventos | Mis Preferencias

Mostrando mensaje 563     < Anterior | Siguiente >
Responder a este mensaje
Asunto:[galizacig] Novidades GalizaCIG 19/02/2008
Fecha:Martes, 19 de Febrero, 2008  09:21:38 (+0100)
Autor:fp <fper @.......es>

GalizaCIG / Novidades
Estimada/o compañeira/o

A data 19 de febreiro de 2008 temos engadido nas páxinas de
GalizaCIG,
a web da CIG (Confederación Intersindical Galega),
as informacións referenciadas á fin desta mensaxe.

Infórmate da actualidade sindical de Galiza todos os días
en http://www.galizacig.com

Webs espello en: http://www.galizacig.org e http://www.galizacig.net

Atentamente,
Fernando Pol (administrador de GalizaCIG).
CIG-Informática.
 
 
·Novidades

GalizaCIG·


19/02/2008

Fai unha valoración positiva porque mellora substancialmente as condicións laborais
A CIG-Ensino asina o acordo de profesorado itinerante
CIG-Ensino, Consellaría e demais organizacións sindicais asinaron, o luns 18 de febreiro, un acordo para o profesorado itinerante polo que se melloran substancialmente as súas condicións laborais, satisfacendo ademais as reivindicacións polas que tanto a Federación de Ensino da CIG como o profesorado se viñan mobilizando nos últimos anos

Inicia campaña de denuncia
A CIG alerta de que en Ourense os obreiros traballan sen protección en derrubas de obras con amianto
Nunha rolda de prensa que tiña lugar o venres 18 de febreiro no local sindical da CIG de Ourense, o secretario comarcal, Etelvino Blanco, e Anxo Pérez Carballo, técnico en Prevención de Riscos da Central Sindical, presentaron unha campaña para denunciar a situación dos traballadores nas obras de derrubo de edificios antigos, onde existe amianto, sen tomar medidas de protección

Boletín Sindical nº 8
A CIG pasa a ser a segunda forza sindical en Galiza
Os datos oficiais do proceso de eleccións sindicais, feitos públicos pola Dirección Xeral de Relacións Laborais o pasado 6 de febreiro, confirman que a CIG pasa a ser a segunda forza en Galiza con 5.628 delegadas/os, por diante de CCOO e a tan só 545 de UGT. A Executiva Confederal considera que se trata duns resultados “históricos” que “reafirman o modelo sindical que nós representamos”

Estas dúas centrais asinan un acordo que impide que os traballadores perciban as cantidades atrasadas de 2007
UGT e CCOO venden os operadores de guindastres autopropulsados
UGT e CCOO asinaron coa patronal o 18 de febreiro un acordo sobre o primeiro Convenio Galego de Guindastres Autopropulsados que resulta lesivo para os intereses dos traballadores do sector. As dúas centrais españolas avalaron coa súa rúbrica, entre outros aspectos negativos, que os operadores de grúas non perciban os atrasos correspondentes ao ano pasado

Nova concentración dos traballadores polo recoñecemento das 12.000 horas
A Policía portuaria de Vigo contra o acordo de empresa asinado por CCOO e UGT
O xoves 14 de febreiro ás 14:00 horas, efectivos da Policía portuaria, xunto cos delegados sindicais e membros do Comité da CIG, concentráranse de novo no Porto de Vigo. Reclamam o abono de 12.000 horas extras realizadas por un colectivo de 74 traballadores durante o ano 2007
 
18/02/2008

Contra a carestía da vida
Salarios dignos
Na CIG tomamos a decisión de mobilizarnos como Central Sindical para denunciar socialmente a perda constante da capacidade adquisitiva dos salarios. Diferentes causas poden explicar as razóns polas que a clase traballadora está pagando un tributo a modo de imposto, no que unha parte importante das nosas retribucións son transferidas á contabilidade e beneficios das empresas; e cando os índices de pobreza dispáranse en Galiza, asociados a baixos salarios e pequenas pensións

“Galiza non se vende”
Máis de dez mil persoas maniféstanse en Compostela contra a destrución do territorio
Milleiros de persoas encheron as rúas de Compostela nunha mobilización que saía ben pasadas as doce da mañá da Alameda. Foi unha manifestación chea de cor, música, alegría, reivindicacións fortes e unha mensaxe moi clara: a necesidade de loitar por unha terra viva e unha vida digna para todas e todos
 
16/02/2008

Nilda Eloy, membro da Asociación Ex Detidos Desaparecidos
“Logramos que xudicialmente se recoñecera por primeira vez que o que ocorreu na Arxentina foi un xenocidio”
Nilda Eloy está a visitar Galiza, da man da CIG, no mes de febreiro. Aproveitamos esta ocasión para entrevistala e que nos relatara a súa experiencia, xa que foi secuestrada en 1976. Tamén para abordar máis cuestións de actualidade, así como a actividade que leva adiante a súa asociación pola recuperación da memoria e a xustiza

Contra os despedimentos
Concentración por unha subrogación cos mesmos dereitos en Limpezas Cliner
Nova mobilización dos traballadores e traballadoras de Limpezas Cliner, empresa que subrogou o seu servizo de limpeza nas oficinas do Banco Santander a Limpezas Cíes, o que está a provocar despedimentos e recortes de xornada e dereitos laborais

Din que o programa de “Superpiñeiro” incumpre os principios estatutarios da CRTVG
A CIG da TVG denuncia a caravana de mulleres como “un acto machista e fóra de época e lugar”
A sección sindical da CIG da TVG vén de demandar que se aseguren os “mecanismos que garantan que as producións se axusten aos principios que deben inspirar os medios públicos en Galiza”. Esta demanda faise logo de que o programa da TVG de “Superpiñeiro” colaborara na organización dunha “caravana de mulleres”

María San Gil: O sorriso do demo
Artigo de Xurxo Martínez Crespo (Galiza)

O pasado como brétema
Artigo de Manuel Mera (Galiza)

O holocausto palestino
Artigo de Gilson Caroni Filho (Agência Carta Maior)

Para além da recessão: No princípio da segunda etapa da crise global
Artigo de Jorge Beinstein (resistir.info)

Grande conspiração da classe dirigente por trás da Guerra do Iraque
Artigo de John Catalinotto (ODiario.info)
   

Infórmate da actualidade sindical todos os días en GalizaCIG

   


eListas.net:  Página principalÍndice de listasCrear listaListas Destacadas
Tu Cuenta:  Mis eListasMi Información y PreferenciasApuntateAyuda
Servicios:  ServiciosProductosSoluciones ComercialesPublicidad
General:  AyudaNovedadesPrivacidad de datosNo spamEscríbenos

eListas

eListas.net es un servicio de Blabia Inc.
Copyright © 1999-2008 Blabia Inc., Todos los derechos reservados
Términos del Servicio | Privacidad de datos