eListas Logo
   El sistema de Listas de correo, Boletines y Newsletters más completo de la Red Inicio | Servicios | Publicidad | Compañía 
Inicio > Mis eListas > galizacig > Mensajes


 Índice de Mensajes 
 Mensajes 541 al 561 
AsuntoAutor
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
 << 20 ant. | -- ---- >>
 
GalizaCIG
Página principal    Mensajes | Enviar Mensaje | Ficheros | Datos | Encuestas | Eventos | Mis Preferencias

Mostrando mensaje 561     < Anterior | Siguiente >
Responder a este mensaje
Asunto:[galizacig] Novidades GalizaCIG 07/02/2008
Fecha:Jueves, 7 de Febrero, 2008  08:48:45 (+0100)
Autor:fp <fper @.......es>

GalizaCIG / Novidades
Estimada/o compañeira/o

A data 7 de febreiro de 2008 temos engadido nas páxinas de
GalizaCIG,
a web da CIG (Confederación Intersindical Galega),
as informacións referenciadas á fin desta mensaxe.

Infórmate da actualidade sindical de Galiza todos os días
en http://www.galizacig.com

Webs espello en: http://www.galizacig.org e http://www.galizacig.net

Atentamente,
Fernando Pol (administrador de GalizaCIG).
CIG-Informática.
 
 
·Novidades

GalizaCIG·


07/02/2008

Con 5.628 delegados e delegadas
A CIG confírmase como a segunda forza sindical na Galiza, segundo os datos da Consellaría de Traballo
A Consellaría de Traballo ven de confirmar os datos que desde a CIG xa se facían públicos no mes de xaneiro, que colocan á central sindical nacionalista como segunda forza sindical no país. Segundo estes datos oficiais a CIG obtivo un total de 5.628 delegados, superando a CCOO e ficando a 545 delegados e delegas de UGT

Susana Nogueira, delegada da CIG en Povisa
“A empresa tentou co acoso laboral que eu deixara o Comité”
Susana Nogueira enfrontábase no pasado mes de xaneiro a un xuízo no que demandou a Povisa por acoso laboral. Coñeciamos o contido da sentenza a finais do pasado mes, na que o Xulgado do Social condenaba a Povisa a que repuxera a Susana Nogueira nas súas anteriores condicións de traballo

75 operarios desta empresa do Metal están chamados a secundar en Galiza esta medida protesta
Os traballadores de Atefrisa comezan unha folga indefinida
Os traballadores de Atefrisa comezaron o 7 de febreiro unha folga indefinida. Os preto de 75 operarios que ten en Galiza esta empresa do sector do Metal, especializada na instalación de sistemas de illamento térmico, realizan traballos na central térmica de Meirama e na refinaría de Repsol de A Coruña

O xuízo contra o secretario comarcal da CIG de Ferrol terá que se repetir
A Audiencia Provincial de A Coruña anula a sentenza que condenou López Pintos
A Audiencia Provincial de A Coruña anulou a sentenza emitida polo Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol que condenara Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG, por unha acción sindical nunha obra de Mugardos na que catro obreiros non cobraban

Política sanitaria neoliberal
CIG-Saúde rexeita a proposta de Sanidade de habilitar aos MIR-4 para que traballen como médicos de familia
O déficit de facultativos en Atención Primaria está a provocar serios problemas na capacidade asistencial do sistema sanitario público. Na orixe desta situación, ademais da falta de previsión na formación de pre e postgrado, está a política sanitaria neoliberal de desregulación laboral e restrición de gasto que durante demasiados anos se aplicou no sector

Reclaman máis efectivos, un calendario laboral e o abono das horas extra
Nova mobilización da Policía portuaria de Vigo pola mellora das condicións laborais
Efectivos da Policía portuaria fóra de quendas de traballo acompañados dos delegados do Comité de Empresa da CIG concentráronse o mércores 6 de febreiro as 7:45 horas no acceso a Autoridade Portuaria de Vigo por Guixar

Mobilización o venres 8 de febreiro
Concentración contra o despedimento e a persecución sindical dun traballador do Campo de Golf de Domaio
A mobilización pola readmisión dun traballador despedido por formar parte dunha candidatura da CIG no proceso de eleccións sindicais terá lugar o venres 8 de febreiro ás 11 da mañá na porta principal do Campo de Golf de Domaio (Moaña)

Uruguai e Allariz unidos por un nome
Artigo de Manuel Mera (Galiza)

Brasil: Reforma tributária e luta de classes
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)

Quénia: democracia estável ou desintegração?
Artigo de Immanuel Wallerstein (Esquerda)
 
06/02/2008

Manuel Currás Meira, secretario confederal de Emprego da CIG
“As estatísticas en Galiza son enganosas porque hai que sumar a xente que emigra a outras comunidades”
Falamos co secretario de Emprego da Executiva Confederal da CIG para analizar e tratar de preto os datos de desemprego do mes de febreiro. Cuestións como a emigración da mocidade, a situación no sector da Construción ou a necesaria conciliación da vida laboral e familiar para as mulleres son temas que tamén saen á luz
   

Infórmate da actualidade sindical todos os días en GalizaCIG

   





Ve, guarda y comparte lo que te interesa en la red
Crear o visita páginas a las que puedes añadir aquellas cosas interesantes que te encuentras porla web ¿A qué esperas?
es.corank.com

eListas.net:  Página principalÍndice de listasCrear listaListas Destacadas
Tu Cuenta:  Mis eListasMi Información y PreferenciasApuntateAyuda
Servicios:  ServiciosProductosSoluciones ComercialesPublicidad
General:  AyudaNovedadesPrivacidad de datosNo spamEscríbenos

eListas

eListas.net es un servicio de Blabia Inc.
Copyright © 1999-2008 Blabia Inc., Todos los derechos reservados
Términos del Servicio | Privacidad de datos