eListas Logo
   El sistema de Listas de correo, Boletines y Newsletters más completo de la Red Inicio | Servicios | Publicidad | Compañía 
Inicio > Mis eListas > galizacig > Mensajes


 Índice de Mensajes 
 Mensajes 541 al 561 
AsuntoAutor
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
 << 20 ant. | -- ---- >>
 
GalizaCIG
Página principal    Mensajes | Enviar Mensaje | Ficheros | Datos | Encuestas | Eventos | Mis Preferencias

Mostrando mensaje 560     < Anterior | Siguiente >
Responder a este mensaje
Asunto:[galizacig] Novidades GalizaCIG 05/02/2008
Fecha:Martes, 5 de Febrero, 2008  06:51:56 (+0100)
Autor:fp <fper @.......es>

GalizaCIG / Novidades
Estimada/o compañeira/o

A data 5 de febreiro de 2008 temos engadido nas páxinas de
GalizaCIG,
a web da CIG (Confederación Intersindical Galega),
as informacións referenciadas á fin desta mensaxe.

Infórmate da actualidade sindical de Galiza todos os días
en http://www.galizacig.com

Webs espello en: http://www.galizacig.org e http://www.galizacig.net

Atentamente,
Fernando Pol (administrador de GalizaCIG).
CIG-Informática.
 
 
·Novidades

GalizaCIG·


05/02/2008

“Tan perigoso é conducir bébedo como sen durmir”, afirma
Xesús María Pastoriza

CIG-Transporte denuncia a Anetra e ao Grupo Vázquez por non levar discos tacógrafos nos autobuses escolares
CIG-Transporte ten constancia de que as empresas da Asociación Anetra e do Grupo Vázquez nin están a utilizar disco tacógrafo para controlar os tempos de condución dos seus traballadores, nin levan, no seu defecto, o Certificado de Actividades. Por iso exixirán que se extremen as medidas de control, ao igual que se fixo no seu momento cos controis de alcoholemia

Un novo libro de FESGA apresentouse no Auditorio de Baio,
no Concello de Zas

Estudo socioeconómico da Terra de Soneira
O pasado venres, día 1 de febreiro, apresentouse no auditorio de Baio un libro editado por FESGA sobre a Terra de Soneira, segundo a actual comarcalización: sobre os concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas. Acudiron á presentación medio cento de veciños destes municipios, representantes de distintas entidades e persoas interesadas polo tema

Fúria do Opus Dei na América Latina
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)

Crack 2008?
Artigo de Ignacio Ramonet (Le Monde Diplomatique)

E a Alemanha disse não...
Artigo de Flávio Aguiar (Agência Carta Maior)
 
02/02/2008

Representantes deste organismo reuniranse con dirixentes da CIG-Transporte para analizar a situación en Luber
Desconvocada a protesta na Inspección de Traballo prevista para o 4 de febreiro
A CIG-Transporte desconvocou a protesta que ía realizar o 4 de febreiro na sede provincial da Inspección de Traballo en A Coruña. O coordinador territorial e a xefa provincial deste organismo accederon a reunírense o 7 de febreiro con representantes da CIG para tratar os incumprimentos da lexislación laboral que comete a empresa Luber cos seus traballadores

12.000 horas de exceso de xornada
A Policía portuaria mobilízase polo calendario laboral e o aumento de persoal
O venres 1 de febreiro ás nove da mañá tiña lugar a primeira concentración e chamada de atención á Autoridade Portuaria pola situación laboral que vive o seu corpo de policías, con problemas de persoal e sobrecarga de traballo e xornada

Brasil: Fim do “céu de brigadeiro” de Lula?
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)

A Crise
Artigo de Eduardo Bomfim (Actualidade GalizaCIG)

Sirenes de alarme na Europa
Artigo de Flávio Aguiar (Agência Carta Maior)
 
01/02/2008

Este organismo fai caso omiso das 13 denuncias que presentou o sindicato nos últimos meses
A CIG-Transporte protestará na sede da Inspección de Traballo pola súa inhibición na empresa Luber
Membros da CIG-Transporte e traballadores de Luber, filial do Grupo Monbús dedicada ao transporte escolar, protagonizarán un acto de protesta o luns 4 de febreiro, a partir das 11:00 horas, nas instalacións da sede provincial da Inspección de Traballo, sita na rúa Menéndez Pelayo, 20, de A Coruña

Unha crise de modelo
Artigo de Manuel Mera (Galiza)

DESDE O VENTRE DA BALEA
A soidade de Marie Smith Jones, a derradeira falante de ‘eyak’
Artigo de Rafa Villar (Galiza)

Os gurkas da escrita
Julio María Sanguinetti e a súa “descoñecida Colombia”
Artigo de Xurxo Martínez Crespo (Galiza)

Muros e genocídios
Artigo de Jorge Cadima (Avante!)
 
31/01/2008

Henrique Pérez, secretario da sección sindical da CIG
“En Citroën traballamos máis, somos máis eventuais e precarios, e gañamos menos”
O 31 de xaneiro comeza a negociación do novo convenio de empresa para a planta de Citroën de Vigo. Para coñecer cal é a realidade desta factoría e saber cal é o anteproxecto que presenta a CIG entrevistamos a Henrique Pérez, secretario da sección sindical da CIG en Citroën, na que leva traballando desde hai 33 anos.

Dignificación salarial
Os bombeiros dos Consorcios Comarcais de Pontevedra chegan a un acordo coa Deputación
O martes 29 de xaneiro tivo lugar unha xuntanza entre os representantes sindicais dos tres Consorcios Comarcais privatizados da provincia de Pontevedra (O Morrazo, O Salnés e Baixo Miño) e o presidente da Deputación de Pontevedra. Nesta xuntanza Rafael Louzán comprometeuse a facer efectiva a suba salarial demandada polos bombeiros.

Brasil: José Serra e o caos na saúde pública
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
 
30/01/2008

Rafa Díez Usabiaga, secretario xeral de LAB:
“Aceptamos partir do marco institucional actual, pero o futuro do país ten que depender da vontade expresa da cidadanía de Euskadi e Navarra”
Rafa Díez Usabiaga, secretario xeral do sindicato abertzale LAB, participou o 18 de xaneiro nunha xornada de formación organizada pola CIG en Compostela. Aproveitando a súa visita a Galiza fixémoslle a presente entrevista, na que fai un percorrido pola actualidade política, social e sindical de Euskal Herria, con especial atención ao que foi o frustrado proceso de negociación e construción dun escenario de paz

Chamamento de CIG-Ensino a promover actos nos centros para concienciar o alumnado en contra das guerras
30 de xaneiro: Día Escolar pola Paz
A CIG-Ensino fai un chamamento a todo o profesorado para a organización de actos escolares co motivo do Día Escolar pola Paz e para denunciar desde os centros de traballo os atropelos e inxustizas que se están a cometer en distintos lugares do mundo, concienciar o alumnado en contra das guerras, promover iniciativas para lograr espazos de liberdade e igualdade...

Contempla a posibilidade de que sexan privados concertados e liquida a xestión democrática
CIG-Ensino rexeita o Decreto que regula os Centros Integrados de FP en Galiza
CIG-Ensino vén de manifestar o seu rexeitamento ao Decreto que regula os Centros Integrados de FP en Galiza porque reproduce literalmente o RD 1558/2005, ao que xa presentou un recurso, e recolle a posibilidade de que existan centros privados concertados e que estes poidan desenvolver actuacións que deberían estar reservadas aos centros públicos

O sábado 26 de xaneiro en Compostela
Nace o compromiso de criar o Foro Social Galego nunha asemblea con máis de 200 persoas
Máis de sesenta persoas asinan en Santiago un compromiso de creación do maior espazo de debate antineoliberalista. A asemblea de movementos sociais contou coa participación de máis de 200 persoas de case un cento de colectivos

Lembran que a Televisión de Galiza debe ser “ferramenta activa” no proceso de normalización da lingua
A MNL e Nais e Pais polo Ensino en Galego denuncian a supresión do Xabarín Clube na TVG pola tarde
A Mocidade pola Normalización Lingüística e o Colectivo de Nais e Pais polo Ensino en Galego, seccións da Mesa pola Normalización Lingüística, veñen de denunciar a nova modificación no horario de tarde da TVG que, como xa acontecera no pasado, deixa fóra o Xabarín Clube, o espazo televisivo infantil da canle pública por excelencia

Farc: terroristas ou insurgentes?
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)

Suharto: a morte de um ditador
Artigo de Augusto C. Buonicore (Vermelho)
   

Infórmate da actualidade sindical todos os días en GalizaCIG

   





TODO SOBRE SEO, INTERNET MARKETING, PAGE RANK, ETC.
Aprende, valora, edita, comenta, contacta y comparte sobre todo lo relacionado con SEO e Internet marketing. Noticias, debates, etc.
seoweb.corank.com

eListas.net:  Página principalÍndice de listasCrear listaListas Destacadas
Tu Cuenta:  Mis eListasMi Información y PreferenciasApuntateAyuda
Servicios:  ServiciosProductosSoluciones ComercialesPublicidad
General:  AyudaNovedadesPrivacidad de datosNo spamEscríbenos

eListas

eListas.net es un servicio de Blabia Inc.
Copyright © 1999-2008 Blabia Inc., Todos los derechos reservados
Términos del Servicio | Privacidad de datos