|
|
|
| Asunto: | [galizacig] Novidades GalizaCIG 22/01/2008 | | Fecha: | Martes, 22 de Enero, 2008 09:06:07 (+0100) | | Autor: | fp <fper @.......es>
|
GalizaCIG / Novidades
Estimada/o compañeira/o
A data 22 de xaneiro de 2008 temos engadido nas páxinas
de
GalizaCIG, a web da CIG (Confederación Intersindical
Galega),
as informacións referenciadas á fin desta mensaxe.
Infórmate da actualidade sindical de Galiza todos os días
en http://www.galizacig.com
Webs espello en: http://www.galizacig.org e http://www.galizacig.net
Atentamente,
Fernando Pol (administrador
de GalizaCIG).
CIG-Informática.
| ·Novidades |
GalizaCIG·
|
|
| 22/01/2008 |
|
Denunciaron
a política laboral da empresa e o bloqueo do proceso de negociación
CIG e UXT mobilizáronse ante a Convención Comercial de Caixa Galicia
O pasado sábado día 19 de
xaneiro Caixa Galicia convocou a 1.300 traballadores e traballadoras á
Convención Comercial Anual en A Coruña. A CIG e UXT mobilizáronse ante
este acto para denunciar a política laboral e o bloqueo do proceso de
negociación |
|
|
Reclaman ás
empresas adxudicatarias o cumprimento do Convenio
O persoal de limpeza hospitalaria de A Coruña tamén se mobiliza pola
equiparación salarial co Sergas
O persoal de limpeza
hospitalaria de A Coruña botouse a rúa para esixir a equiparación
salarial cos traballadores/as do Sergas, do mesmo xeito que fixeron nas
semanas anteriores os seus compañeiros e compañeiras doutras cidades
galegas |
|
|
Pola
equiparación a nivel galego
Os bombeiros dos Consorcios Comarcais de Pontevedra reuniranse coa
Xunta para desbloquear o conflito salarial
A directora xeral de
Protección Civil, Esther González Saavedra, convocou para o martes 22
de xaneiro ás 16:30 horas a unha representación dos bombeiros dos tres
Consorcios Comarcais privatizados da provincia de Pontevedra (O
Morrazo, O Salnés e Baixo Miño) |
|
|
Concentración
de apoio ás portas
Celébrase xuízo por un caso de acoso laboral a unha delegada da CIG en
Povisa
Preto das once e media da
mañá comezaba o xuízo polo acoso laboral que sobre unha delegada da CIG
exerce a dirección do Hospital de Povisa de Vigo. No exterior do
Xulgado numerosos compañeiros e compañeiras, delegados e delegadas da
CIG acompañaban a esta traballadora nunha concentración contra a
represión sindical |
|
|
O acto
contou coa participación do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga
O libro Galegos en Bizkaia presentouse en Compostela
A Libraría Couceiro de
Compostela acolleu a presentación en Galiza do libro Galegos en
Bizkaia-Galiziarrak Bizkaian, que recolle unha escolma de poemas de
Gabriel Aresti e Manuel María, introducidos e comentados por Xurxo
Martínez Crespo e Raúl Río Díaz. O acto contou coa participación do
secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga |
|
|
A longa loita antiforal
Artigo de Manuel Mera
(Galiza) |
| |
| 19/01/2008 |
|
Brasil: As bravatas do
senador Arthur Virgilio
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
Oriente Médio: Fracassa a
turnê do chefe do Império
Artigo de Lejeune Mirhan
(Vermelho) |
| |
| 18/01/2008 |
|
O sindicato
nacionalista ten o 35,02% da representatividade fronte ao 28,70% de
UGT, que é a segunda forza da bisbarra
A CIG de Ferrol é a primeira central da comarca trala conclusión do
proceso electoral
A CIG de Ferrol converteuse
na primeira central da comarca no período electoral 2003-2007. O
sindicato nacionalista posúe o 35,02% da representatividade, UGT o
28,70% e CCOO o 27,43%. Por federacións, a CIG é maioritaria na
Administración (co 50% dos delegados), na Banca, na Construción, no
Metal, en Químicas, na Saúde e en Servizos |
|
|
Cociña,
limpeza e mantemento en loita
Continúan as mobilizacións nos hospitais de Vigo pola equiparación
salarial e o cumprimento dos convenios
Os traballadores e
traballadoras de limpeza, cociña e mantemento do Hospital do Meixoeiro,
Hospital Xeral Cíes, Rebullón e Nicolás Peña, manifestáronse diante dos
centros hospitalarios o mércores 16 de xaneiro e xoves 17 para
reivindicar o cumprimento dos convenios colectivos de equiparación
salarial |
|
|
A Deputación
de Pontevedra discrimina aos bombeiros
A CIG reclama para o Parque de O Morrazo a suba salarial pactada coa
Xunta a nivel galego
Os bombeiros do Consorcio de
O Morrazo, xunto cos do Salnés e Baixo Miño, están sendo discriminados
salarialmente respecto dos seus compañeiros doutras provincias galegas.
Reclaman a equiparación salarial, e de non ser atendidas as súas
mobilizacións anuncian peches nos parques da provincia |
|
|
DESDE O
VENTRE DA BALEA
Conta atrás para unhas novas eleccións ás Cortes Xerais españolas
Artigo de Rafa Villar
(Galiza) |
|
|
O dereito das mulleres a
decidirmos
Artigo de Margarida Corral
Sánchez (Galiza) |
|
|
Venezuela: PSUV nasce com o
desafio de defender revolução bolivariana
Artigo de José Reinaldo
Carvalho e Altamiro Borges (Vermelho) |
|
|
Esquerda e direita na
América Latina
Artigo de Emir Sader
(Agência Carta Maior) |
| |
| 17/01/2008 |
|
O
sindicalismo nacionalista avanza do 26,2% en 2003 ao 28,6% en 2007 e
pasa a ser a segunda forza en Galiza
A CIG medra en máis de 1.000 delegados a súa representación nas
eleccións sindicais
Trátase dun resultado
histórico que reafirma o modelo que representa a CIG e constata o
avance do sindicalismo nacionalista. Así avaliaba a Executiva
Confederal da CIG os resultados do proceso de eleccións sindicais
rematado o 31 de decembro. Uns resultados que a sitúan como segunda
forza, con 5.623 delegados/as por diante de CCOO, que obtivo 5.576, e a
tan só 556 de UGT |
|
|
Falsidades
de Fomento
A CIG reclama que se abra unha investigación polo sinistro no mar e que
a Fiscalía actúe de oficio
Xabier Aboi, secretario
nacional de CIG-Mar, lembra que os mariñeiros están en máns do armador
que ordena cando saír ao mar e denunciou tamén a falta de medios
aeronáuticos e falsidades no cronograma do sinistro nunha rolda de
prensa celebrada no local sindical de Pontevedra |
|
|
Brasil: Em defesa da
previdência social
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
| |
|
|
|
Infórmate da
actualidade sindical todos os días en GalizaCIG
|
| |
|
|
|
|