eListas Logo
   El sistema de Listas de correo, Boletines y Newsletters más completo de la Red Inicio | Servicios | Publicidad | Compañía 
Inicio > Mis eListas > galizacig > Mensajes


 Índice de Mensajes 
 Mensajes 541 al 561 
AsuntoAutor
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
Novidades GalizaCI fp
 << 20 ant. | -- ---- >>
 
GalizaCIG
Página principal    Mensajes | Enviar Mensaje | Ficheros | Datos | Encuestas | Eventos | Mis Preferencias

Mostrando mensaje 555     < Anterior | Siguiente >
Responder a este mensaje
Asunto:[galizacig] Novidades GalizaCIG 21/12/2007
Fecha:Viernes, 21 de Diciembre, 2007  08:05:37 (+0100)
Autor:fp <fper @.......es>

GalizaCIG / Novidades
Estimada/o compañeira/o

A data 21 de decembro de 2007 temos engadido nas páxinas de
GalizaCIG,
a web da CIG (Confederación Intersindical Galega),
as informacións referenciadas á fin desta mensaxe.

Infórmate da actualidade sindical de Galiza todos os días
en http://www.galizacig.com

Webs espello en: http://www.galizacig.org e http://www.galizacig.net

Atentamente,
Fernando Pol (administrador de GalizaCIG).
CIG-Informática.
 
 
·Novidades

GalizaCIG·


21/12/2007

Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG Banca
“A CIG é un referente no Telemárketing como demostra a folga do día 21”
Continuamos coas entrevistas aos secretarios nacionais das federacións da CIG, e desta volta falamos con Clodomiro Montero, secretario nacional da Federación de Banca da CIG, de máxima actualidade pola folga no sector de Telemárketing que a CIG convocou para este venres 21 de decembro.

Protagonizan tres concentracións ao longo da semana
Funcionarios/as diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra contra a perda de poder adquisitivo
A cidade de Pontevedra acolle ao longo desta semana tres concentracións diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra dos funcionarios e funcionarias da Administración xeral do Estado porque durante a actual lexislatura os salarios dos traballadores/as públicos continúan a perder poder adquisitivo.

Con 275 votos, obtivo 6 dos 9 representantes sindicais en xogo
A CIG gaña as eleccións sindicais na empresa BOSCH en Vigo cun 70% dos votos
Nas eleccións celebradas para a ampliación do Comité de Empresa da maior subcontrata de Telemárketing en Vigo, a candidatura da CIG conseguiu a maioría con 275 votos e 6 representantes, sendo un 70% dos votos emitidos. CCOO, que ata ese momento contaba coa maioría na empresa, tivo 69 votos e 2 representantes sindicais, e UGT con 35 votos obtivo só 1 representante.

Esta vez, diante do Hospital Xeral Cíes de Vigo
O persoal das contratas do Sergas repite mobilizacións pola equiparación salarial da carreira profesional
Unha nova concentración dos traballadores e traballadoras da limpeza, cociña e mantemento tivo lugar o xoves 20 de decembro desde ás 13:30 horas diante do Hospital Xeral Cíes de Vigo. Os motivos continúan a ser a equiparación salarial e o cobro da carreira profesional.

Creada a Coordinadora do automóbil
Presentación do número cero da revista “Arauto” editada polo sector da automoción da CIG
O xoves 20 de decembro ás once e media da mañá dábase a coñecer unha nova revista para o subsector do metal da automoción, editada pola CIG, e que pretende chegar aos máis de 15.000 traballadores que hai no sector e dar difusión aos seus conflitos e intereses.

Tres meses sen aulas
Os alumnos de Artes e Oficios cantan panxoliñas no concello de Vigo para que comecen as clases
De novo volven ser noticia os alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios, que levan numerosas mobilizacións, concentracións, foliadas e diversas protestas para reclamar que comecen as aulas nesta escola municipal.

O paraíso fiscal español
Artigo de Carolina do Olmo (inSurGente)

Reflexões sobre o Estado palestino
Artigo de Lejeune Mato Grosso (Vermelho)
 
20/12/2007

“Foi unha actuación fascista, brutal e sen precedentes”,
considera Paulo Carril

A policía carga outra vez contra mariñeiros e percebeiros
Agrávase o conflito dos mariñeiros e percebeiros damnificados pola construción do porto exterior coruñés. A policía española cargou na mañá do 19 de decembro contra uns corenta integrantes do colectivo que se concentraban ás portas da Autoridade Portuaria, onde se ía celebrar unha reunión do Consello de Administración do Porto

Manuel González Moreira, representante da CIG en Atención Primaria
“Decidimos manter a folga porque temos que falar das condicións de traballo”
Reproducimos unha entrevista cun dos responsábeis da Atención Primaria da CIG Saúde de Vigo sobre a folga do venres 21 de decembro. A folga afectará a todos os traballadores e traballadoras dos centros de primaria, tanto persoal sanitario, como facultativo ou non facultativo, persoal non sanitario, persoal de atención ordinaria e de PAC's

As contratas do Sergas incumpren o acordo de aboar a carreira profesional a traballadoras de limpeza, cociña e mantemento
Concentración polo cumprimento dos convenios de equiparación salarial nos hospitais de Vigo
Desde as dez da mañá un numeroso e ruidoso grupo de traballadoras e traballadores dos hospitais da comarca de Vigo reclamaban a equiparación salarial e o cumprimento dos convenios colectivos para os traballadores e traballadoras que realizan funcións de limpeza, cociña e mantemento

Exixen unha regulamentación menos restritiva
CIG-Ensino demanda de Educación a xornada única cantándolle coplas á conselleira
Con coplas animaron os delegados e delegadas asistentes a concentración convocada por CIG-Ensino na fría e chuviosa mañá do mércores 19 de decembro. Unha concentración na que se exixiu unha nova regulamentación menos restritiva para que os centros de Primaria e Infantil poidan acollerse á xornada única de ensino

Os delegados sindicais de CIG, CCOO e UGT anuncian que adoptarán medidas
Tragsega prescinde de 75 traballadores para a campaña de saneamento gandeiro de 2008
Os representantes sindicais da CIG, CCOO e UGT veñen de denunciar que a empresa pública Tragsega en Galicia, pertencente ao Grupo TRAGSA, prescinde de 75 traballadores (veterinarios e administrativos) para efectuar as campañas de saneamento gandeiro do ano 2008

As Farc, Chávez e El País de Madrid
Artigo de Xurxo Martínez Crespo (Galiza)

Bali: O día despois
Artigo de Walden Bello (ALAI)
 
19/12/2007

Jose Elorrieta, secretario xeral de ELA
“Os xuíces teñen que volver aos seus `cuarteis´ e deixar o debate político a quen lle corresponde”
Asegura que o sindicalismo reivindicativo que representa ELA amola o Goberno vasco, co que mantén unha “crise enorme” debido ás últimas políticas neoliberais que emprendeu. Jose Elorrieta, secretario xeral de ELA, estivo recentemente en Galiza participando nunha xornada de formación da CIG, na que disertou acerca da situación socio-política en Euskal Herria

Pronunciamentos favorábeis dos Comités de Atento e Eurocen
Medra o apoio á Folga no sector do Telemárketing
Os Comités das maiores empresas de Telemárketing de Galiza aproban pronunciamentos a favor da FOLGA do vindeiro 21 de decembro. No caso de Atento A Coruña, as Seccións Sindicais de CCOO, UGT e CIG teñen sacado un comunicado conxunto de apoio a esta mobilización

O xuízo contra Xesús Pastoriza celebrarase o 20 de decembro
en A Coruña

Solicitan até catro anos e medio de cadea para o responsábel nacional da CIG-Transporte
Xesús Pastoriza, responsábel nacional da CIG-Transporte, será xulgado en A Coruña o xoves 20 de decembro, ao estar acusado de ter ocasionado uns supostos danos nos cristais dun autobús da Empresa Monforte o 3 de marzo de 2001. A acusación particular solicita para el catro anos e seis meses de cárcere e o Ministerio Fiscal, tres anos e medio

Obtén 366 votos no Colexio de Especialistas, a máis de 200 de UGT
A CIG incrementa a súa representación en Alcoa-San Cibrao e consolídase como forza máis votada
Nas eleccións sindicais celebradas en Alcoa-San Cibrao os pasados días 11, 12 e 13 de decembro, a CIG acadou o respaldo de 366 traballadores/as, no Colexio de Especialistas e Non Cualificados, consolidándose como primeira forza cun total de 8 delegados, un máis que nas pasadas eleccións sindicais. A seguinte organización sindical, UGT, obtivo 163 votos e CCOO 132

Demandan que non se condicione a decisión ao transporte escolar
Concentración de CIG-Ensino por uns criterios menos restritivos para os centros acollerse á xornada única
A CIG-Ensino celebrará ás 12:00 horas da mañá de hoxe mércores, día 19 de decembro, unha concentración de delegados/as, diante da Consellaría de Educación, co obxecto de exixir unha nova regulamentación, menos restritiva, para que os centros de Primaria e Infantil se poidan acoller á xornada única de ensino

Mostra editada por Fesga
Inaugúrase a exposición “O exilio galego en Venezuela” na Casa da Xuventude en Cangas
O martes 18 de decembro inaugurouse a exposición “O Exilio Galego en Venezuela”. Consta de 20 paneis fotográficos, editados por FESGA (Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza) e realizados por Xurxo Martínez Crespo. Esta exposición itinerante comeza o seu percorrido en Cangas, onde poderá ser visitada na Casa da Xuventude durante dúas semanas

Panxoliñas para a Administración viguesa
Nova mobilización dos alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios polo comezo das aulas
A asemblea de alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo celebrou o 17 de decembro unha xuntanza para valorar as últimas mobilizacións realizadas, analizar a situación actual do conflito e promover novas accións tendentes a sensibilizar aos responsábeis municipais da penosa situación que padece o colectivo que leva sen clases desde o mes de setembro
   

Infórmate da actualidade sindical todos os días en GalizaCIG

   





NUNCA PENSASTE QUE PUDIERA EXISTIR TANTA BELLEZA
Disfruta de una foto diferente de nuestro Cosmos cada dia.
¿Cual será la de hoy? ¡Descúbrela visitando fadd.corank.com ya mismo!


eListas.net:  Página principalÍndice de listasCrear listaListas Destacadas
Tu Cuenta:  Mis eListasMi Información y PreferenciasApuntateAyuda
Servicios:  ServiciosProductosSoluciones ComercialesPublicidad
General:  AyudaNovedadesPrivacidad de datosNo spamEscríbenos

eListas

eListas.net es un servicio de Blabia Inc.
Copyright © 1999-2008 Blabia Inc., Todos los derechos reservados
Términos del Servicio | Privacidad de datos