|
|
|
| Asunto: | [galizacig] Novidades GalizaCIG 09/11/2007 | | Fecha: | Viernes, 9 de Noviembre, 2007 09:15:43 (+0100) | | Autor: | fp <fper @.......es>
|
GalizaCIG / Novidades
Estimada/o compañeira/o
A data 9 de novembro de 2007 temos engadido nas páxinas
de
GalizaCIG, a web da CIG (Confederación Intersindical
Galega),
as informacións referenciadas á fin desta mensaxe.
Infórmate da actualidade sindical de Galiza todos os días
en http://www.galizacig.com
Webs espello en: http://www.galizacig.org e http://www.galizacig.net
Atentamente,
Fernando Pol (administrador
de GalizaCIG).
CIG-Informática.
| ·Novidades |
GalizaCIG·
|
|
| 09/11/2007 |
|
A central
nacionalista realiza unha xornada contra os danos inflixidos por estas
entidades á saúde dos traballadores
Delegados/as da CIG ocupan mutuas en varias cidades galegas
A xornada nacional da CIG
contra os abusos das mutuas celebrouse con éxito por todo o país o 8 de
novembro. Delegados e delegadas do sindicato ocuparon temporalmente
estas entidades en varias cidades da Galiza. Tamén houbo asembleas e
concentracións en Vigo, A Coruña, Compostela, Ferrol, Pontevedra, Lugo
e Burela |
|
|
A afectada é
unha caixeira afiliada á CIG
Nova concentración diante dun novo Eroski Center pola traballadora
despedida
Inaugurouse hai menos dunha
semana un novo centro do Eroski Center na cidade de Vigo. O xoves 8 de
novembro desde as 12 da mañá o Comité de Empresa de Eroski inauguraba
ao seu xeito con unha nova concentración tamén este novo supermercado
para reclamar a readmisión da despedida |
|
|
Traballadores
do INEM denuncian
Concentración en Pontevedra para demandar unha nova oficina de emprego
Os delegados das seccións
sindicais da CIG da Xunta de Galiza e do SPEE-INEM, concentráronse
diante da oficina de emprego de Pontevedra (rúa Eduardo Pondal, 32) o
mércores día 7 de novembro ás 12 horas para demandar outra oficina de
emprego e melloras nas instalacións |
|
|
Non se
contemplan as principais demandas da plataforma sindical
A CIG-Santa Bárbara rexeita o acordo do novo convenio de empresa
A sección sindical da CIG en
Santa Bárbara non asinou o novo convenio colectivo ao non contemplar
reivindicacións básicas da plataforma sindical que conformaran no seu
día a central nacionalista e mais UGT, que finalmente se descolgou e
subscribiu o acordo xunto con CCOO e a empresa |
|
|
DESDE O
VENTRE DA BALEA
Prestige: por que o lembrar cinco anos despois?
Artigo de Rafa Villar
(Galiza) |
|
|
Tempos de rebeldía e chumbo
Artigo de Manuel Mera
(Galiza) |
| |
| 08/11/2007 |
|
Haberá
asembleas e concentracións nas comarcas
A CIG celebra o 8 de novembro unha xornada nacional contra os abusos
das mutuas
A CIG celebrará o xoves 8 de
novembro unha xornada nacional contra os abusos das mutuas, na que se
realizarán asembleas de delegados e delegadas, así como concentracións
fronte ás mutuas |
|
|
A
CIG-Transporte censura a concesión de selos de Igualdade de
Oportunidades a esta rede empresarial
Coruña Solidaria premia o Grupo Vázquez, que precariza as mulleres
A CIG-Transporte amosa o seu
estupor pola concesión por parte da Asociación Coruña Solidaria de
selos de Igualdade de Oportunidades ás compañías Autos Viuda de
Alfredo Labora, Autocares Antonio Vázquez e Autos S. Vázquez,
pertencentes todas elas ao Grupo Vázquez. Estas tres empresas
precarizan as mulleres |
|
|
Reiterada
vulneración de dereitos sindicais
A CIG pide á Inspección que se impoña sanción moi grave ao Hotel
Auriense
O Hotel Auriense despediu a
un traballador e a unha traballadora por presentarse candidatos da CIG
nas eleccións sindicais, e despediu a unha das testemuñas que se
presentou no xuízo dun dos despedimentos |
|
|
O presidente
da Autoridade Portuaria evidencia o fracaso
da súa xestión
A CIG lamenta que Fernández-Alonso recoñeza a falta de espazo para
contedores no Porto exterior
A CIG lamenta as
declaracións do presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña, Macario
Fernández-Alonso, nas que recoñece que o Porto exterior vai carecer de
espazo para as infraestruturas necesarias para albergar contedores,
cuxo tráfico representa a principal fonte de riqueza das grandes
dársenas do mundo |
|
|
Desconvocada
a folga
Os traballadores de Cespa conseguen a retirada das sancións ao Comité
de Empresa
Despois dunha xuntanza
celebrada na Delegación de Traballo, e na que estaba presente o Comité
de Cespa, a empresa e representantes da Administración, acordaron
distintas medidas para poñer fin ao conflito aberto nesta empresa de
limpeza, e conseguindo o obxectivo básico de que se lle retiraran as
sancións ao Comité de Folga |
| |
| 07/11/2007 |
|
O martes 6
pechouse o prazo de presentación
Oitenta persoas participan nas candidaturas da CIG en Caixanova para as
eleccións sindicais
Malia que foi un esforzo
contra reloxo, oitenta traballadores e traballadoras de Caixanova
conforman as candidaturas da CIG, o mellor desmentido ao anunciado
polos tránsfugas que marcharon para CCOO. As candidaturas están
encabezadas polos actuais delegados e delegadas da CIG |
|
|
Loita contra
a sinistralidade
A delegada de Traballo de Ourense amósase receptiva ás propostas da CIG
sobre Prevención de Riscos Laborais
A delegada da Consellaría de
Traballo de Ourense amosou receptividade ante diversas propostas que
representantes da CIG lle fixeron chegar en materia de prevención de
riscos laborais e loita contra a sinistralidade, nunha xuntanza
consecuencia das denuncias da CIG ante os graves accidentes nas obras
do AVE |
|
|
Considera
que se deben consensuar as liñas básicas de adaptación das titulacións
existentes ao Espazo Europeo do Ensino Superior
CIG-Ensino vai solicitar á Consellaría a convocatoria da Mesa de
Universidades
A Consellaría de Educación
presentou as liñas xerais para a implantación dos Estudos de Grao e
Posgrao na Universidade galega que, para CIG-Ensino, máis que pretender
adaptar o sistema universitario ao novo Sistema Europeo de Educación
Superior parecen perseguir a redución da oferta universitaria na Galiza
en lugar de ampliar e afianzar as actuais titulacións |
|
|
Demandan a
construción dun novo centro
CIG-Saúde amosa a súa preocupación pola situación do Centro de Saúde de
Tui
O actual Centro de Saúde de
Tui non permite dar resposta ás necesidades da poboación recoñecidas
pola Administración, aínda incrementando a actividade ao horario de
tarde. Por iso, desde a CIG Saúde reclaman a construción dun novo
centro de saúde |
|
|
Os alumnos
solicitan entrevista coa concelleira
Continuarán as mobilizacións polo comezo das clases na Escola de Artes
e Oficios de Vigo
Despois de manter unha
asemblea, os alumnos e alumnas decidiron convocar novas mobilizacións
polo comezo das clases na Escola de Artes e Oficios de Vigo, así como
abrir novas vías de diálogo coa Administración |
|
|
A Revolución Rusa: Noventa
aniversario da insurrección que mudou o mundo
Artigo de Manuel Mera
(Galiza) |
|
|
Unha ollada sindical ao
desenvolvemento da URSS
Documento do Centro de
Estudos Sindicais de Moscova |
|
|
Vintetrés chanzos máis abaixo
Artigo de Víctor Trushkov
(Rebelión) |
|
|
O ano I do assalto ao céu
Artigo de Emir Sader
(Agência Carta Maior) |
|
|
A grande Revolução
Artigo de Manuel Gusmão
(Esquerda) |
| |
| 06/11/2007 |
|
IV Convenio
de Telemárketing
Pola unidade de acción cara a Folga
Levamos once meses cos nosos
salarios conxelados. Subiron os alimentos, subiu a luz, subiron os
combustibles, subiron as hipotecas e subiron especialmente os
beneficios das empresas de Telemárketing, pero os nosos miserables
salarios cada día valen para menos. A patronal, moi cómoda con esta
situación, dedicouse novamente a reiterarse nos temas xa falados, sen
presentar unha proposta de convenio |
|
|
Foi
necesario un acto de conciliación no SMAC de Lugo
Readmitida a traballadora que encabezaba a lista da CIG nunha
residencia de Chantada
A Fundación Residencia da
Terceira Idade de Chantada readmitiu a traballadora que despedira por
encabezar a candidatura da CIG. Para chegar a este desenlace foi
preciso un acto de conciliación no SMAC de Lugo, que se celebrou o
pasado 29 de outubro |
|
|
A unha
pediatra do CHUV non lle admiten as solicitudes de probas radiolóxicas
porque as pide en galego
A Mesa denuncia dous casos de grave discriminación lingüística no Sergas
A Mesa pola Normalización
Lingüística denunciou dous casos de discriminación lingüística dentro
do Servizo Galego de Saúde, un organismo sobre o que segundo Carlos
Callón, presidente da asociación, se están a recibir reiteradas
queixas por non garantir o dereito dos usuarios a expresarse e a ser
atendidos en galego |
|
|
A difusión é
de balde e ten periodicidade mensual
O MpDC edita o periódico En Movemento
O Movemento polos Dereitos
Civís (MpDC) vén de sacar á rúa unha publicación de difusión gratuíta,
en galego, e cunha periodicidade mensual. En Movemento, que así se
chama o xornal, estará a disposición dos lectores ao principio de cada
mes e nel farase un repaso a todas as vulneracións de dereitos e
liberdades que se produzan nese período |
|
|
Brasil: As reformas
interrompidas
Artigo de Eduardo Bonfim
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
Voracidade do capital
Artigo de Ignacio Ramonet
(Le Monde Diplomatique) |
| |
| 03/11/2007 |
|
O martes 6
de novembro en Vigo ás 20:30 horas
Galiza Sempre homenaxea a Fernando Hoyos, xesuita vigués morto en
Guatemala en 1982
O Paraninfo do antigo
Reitorado da Universidade será o escenario do acto de homenaxe a
Fernando Hoyos que, organizado pola Fundación Galiza Sempre, terá lugar
o martes 6 de novembro ás 20:30 horas e no que intervirán Santiago
Domínguez, Gustavo Luca de Tena e Enrique Corral |
|
|
Quem são os inimigos da TV
Brasil?
Artigo de Altamiro Borges
(Actualidade GalizaCIG) |
|
|
O Japão, os Estados Unidos e
a Economia-Mundo
Artigo de Immanuel
Wallerstein (Esquerda) |
| |
| 01/11/2007 |
|
A Mesa da
Cámara galega debe decidir no prazo dun mes se acepta a proposta da
central nacionalista
A CIG rexistra no Parlamento unha iniciativa para derrogar o plus dos
altos cargos
A CIG rexistrou no
Parlamento de Galiza un escrito de promoción dunha Iniciativa
Lexislativa Popular (ILP) para derrogar a Disposición Adicional 17ª da
Lei 13/2007, do 27 de xullo, que contempla un plus para os altos cargos |
|
|
Mediación da
Delegación de Traballo
Convocada folga con carácter indefinido en Cespa para o 12 de novembro
Os traballadores e
traballadoras de CESPA, empresa concesionaria do servizo de limpeza e
mantemento dos parques e xardíns do Concello de Vigo, decidiron en
asemblea convocar unha nova folga indefinida polo despedimento dun
traballador e a sanción imposta ao Comité de Folga. Coa mediación de
Traballo conseguiron que a sanción non se faga efectiva |
|
|
A secretaria
confederal de Servizos da CIG acompañou a vítimas da ditadura no xuízo
contra o sacerdote Von Wernich
Elvira Patiño reúnese con representantes da CTA e doutros colectivos
sociais arxentinos
Elvira Patiño, secretaria
confederal de Servizos e Afiliación da CIG, realizou hai semanas unha
viaxe a Arxentina onde se entrevistou con representantes do sindicato
CTA, con vítimas da ditadura militar e con integrantes doutros
colectivos sociais do país austral |
|
|
Falouse
tamén de cursos de formación e da actuación fraudulenta das mutuas
A Asemblea comarcal de delegados/as de CIG-Metal de Vigo aborda o novo
marco normativo sobre igualdade
O xoves 24 de outubro tiña
lugar unha Asemblea de delegados e delegadas da Federación do Metal da
CIG da Comarca de Vigo para tratar cuestións de actualidade e
importancia para os traballadores e traballadoras deste sector |
|
|
O que alimenta o racismo
Artigo de Manuel Mera
(Galiza) |
|
|
Che, en El País o inimigo na
casa
Artigo de Xurxo Martínez
Crespo (Galiza) |
| |
| 31/10/2007 |
|
As mulleres
cobran 16.399 euros menos
A CIG rexeita o Plan de Igualdade do Banco Santander Central Hispano
A Sección Sindical da CIG no
SCH non asinou o denominado Plan de Igualdade do SCH, por non incluír
ningun tipo de medida para reducir a fenda salarial entre homes e
mulleres que se eleva a case 17.000 euros ao ano. Este Plano é o
primeiro do sector financeiro e a CIG denuncia a intención por parte da
empresa de baleirar de contido a Lei de Igualdade |
|
|
Outro
sinistro en Ourense
Novo accidente grave nas obras do Ave no túnel próximo a Trasalba
Este martes 30 de outubro
produciuse un novo accidente grave nas obras do AVE, no interior do
túnel de A Burata, próximo á localidade de Trasalba en Amoeiro. A
Comarca da CIG de Ourense avalía estes acontecementos, así como
anteriores sinistros na construción destas infraestruturas |
|
|
Fican por
resolver grande parte das demandas de mellora da mobilidade na comarca
coruñesa que se consensuaron neste ente
A CIG solicita ao presidente do Consorcio a convocatoria urxente do
Foro de Mariñán
A CIG remitiulle unha carta
ao presidente do Consorcio de As Mariñas e alcalde de Bergondo, José
Fernández Ramos para que convoque con urxencia o Foro de Mariñán. Desde
que se constituíra este ente comarcal hai xa tres anos, aínda non se
puxeron en práctica as medidas que se consensuaran para mellorar a
mobilidade na bisbarra coruñesa |
|
|
A crise financeira, um esboço
Artigo de Gabriel Kolko
(resistir.info) |
|
| |
|
|
|
Infórmate da
actualidade sindical todos os días en GalizaCIG
|
| |
|
|
|
|